Callas Forever

filme de 2002 dirixido por Franco Zeffirelli

Callas Forever é un filme briográfico de 2002 dirixido por Franco Zeffirelli, quen tamén escribiu o guión xunto a Martin Sherman. É unha homenaxe á amiga de Zeffirelli, a aclamada diva da ópera Maria Callas, a quen el dirixiu nas óperas Norma, La traviata e Tosca.[1]

Callas Forever
Ficha técnica
Título orixinalCallas Forever
DirectorFranco Zeffirelli
GuiónFranco Zeffirelli
Martin Sherman
IntérpretesFanny Ardant
Jeremy Irons
MúsicaAlessio Vlad
FotografíaEnnio Guarnieri
MontaxeSean Barton
Estrea2002
Duración108 minutos
OrixeItalia Italia
Francia
España España
Reino Unido Reino Unido
Romanía Romanía
XéneroBiográfico
Na rede
IMDB: tt0274407 Filmaffinity: 432373 Allocine: 33963 Rottentomatoes: m/callas_forever Allmovie: v273377 TCM: 451352 Metacritic: movie/callas-forever TV.com: movies/callas-forever Netlix: 70011221Editar o valor em Wikidata

Sinopse editar

Larry Kelly (Jeremy Irons) é un produtor musical que está en París por un gran concerto. Recibe unha chamada de Sarah Keller (Joan Plowright) instándoo a que vaia ver a súa antiga amiga, a diva da ópera Maria Callas (Fanny Ardant), que está recluída no seu piso de París, coa voz crebada e unha gran depresión pola morte de quen fora o grande amor da súa vida, o naviero grego Aristóteles Onassis. Larry Kelly, que ve moi desmellorada a súa amiga, tenta convencela para que rode unhas óperas para o cinema. Nun comezo, Callas négase porque é consciente do declive da súa voz, pero accede de mala gana cando Kelly lle di que a voz que empregarán será a gravada nos seus mellores anos e que fará playback. Sarah Keller axúdalle a convencer á diva, pois négase uns días máis tarde. Callas grava a ópera Carmen de Georges Bizet, e a soprano pídelle que non a estree, porque pensa que é unha fraude. Máis tarde, Callas pensa en gravar a Tosca de Giacomo Puccini, coa súa propia voz. Pero cando comeza a barallar ideas ó respecto, a diva négase definitivamente. Nunha das escenas finais, Maria reúnese con Larry nunha banca de parque, ela de boa gana comparte o que espera da vida e cun aceno de liberdade remata o encontro e afástase co fondo das árbores do parque, cun sorriso.

Personaxes editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar