Un califato (en árabe: خلافة) era un territorio gobernado por un califa, sucesor do profeta Mahoma no exercio político do poder. Este era a máxima autoridade do mundo islámico. Controlaba a administración, tanto central como territorial, a xustiza e a relixión. Tamén era o imán ou xefe relixioso e se lle recoñecía como príncipe dos crentes. O cargo de califa pasou a ser hereditario dende o goberno da familia Omeia.

Califatos do islam editar

Xurdiron ou foron creados os seguintes califatos até a súa abolición en 1924:

Ademais, o Imperio almohade (1145-1269), con capital en Marrakech, e despois en Málaga, aínda que, oficialmente, non foi un califato nin o seu gobernante empregou o título de califa, si usou un tratamento que adoitaba estar asociado ao califa: o de príncipe dos crentes (posteriormente, herdado polo sultán de Marrocos, até hoxe).

Época moderna e contemporánea editar

Hussayn ibn Alí, xerife da Meca, trala caída do Imperio Otomán e en medio dos debates que se produciran non mundo islámico sobre a recuperación do recentemente abolido califato, utilizou durante algúns anos, até a súa morte, o título de "califa".

O islamismo político contemporáneo pretende restablecer esta institución, considerando que é o único marco lexítimo para dirixir "correctamente" a umma ou comunidade dos crentes. Un exemplo diso sería a instauración do autoproclamado "califato" do Estado Islámico na zona de Siria e Iraq.----

 
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.