Calidina

composto químico

A calidina é unha cinina bioactiva formada en resposta a lesións nos tecidos a partir de precursores cininóxenos por medio da acción de calicreínas.

Calidina
Identificadores
Número CAS 342-10-9
PubChem 5311111
ChemSpider 4470640
MeSH Kallidin
Ligando IUPHAR 650
Imaxes 3D Jmol Image 1
Propiedades
Fórmula molecular C56H85N17O12
Masa molecular 1188,38 g/mol

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

A calidina é un decapéptido cuxa secuencia é H-Lys-Arg-Pro-Pro-Gly-Phe-Ser-Pro-Phe-Arg-OH. Pode converterse en bradicinina pola acción dun encima aminopeptidase. En realidade, a calidina é idéntica á bradicinina, pero cun residuo de lisina adicional no extremo N-terminal e sinaliza tamén a través do receptor de bradicinina.

Pode ser un substrato para as carboxipeptidases M e N.[1]

Notas editar

  1. Stefan Offermanns; Walter Rosenthal (2008). Encyclopedia of Molecular Pharmacology. Springer. pp. 673–. ISBN 978-3-540-38916-3. Consultado o 11 de decembro de 2010. 

 
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.