Calidón (fillo de Etolo)

Co nome de Calidón coñécese un heroe grego. Foi fillo de Etolo, rei da Élide, no Peloponeso, e Prónoe, filla de Forbo. Casou con Eolia, filla de Amitaón, coa que tivo dúas fillas, Epicasta e Protoxenia, que unida a Ares tivo un fillo chamado Óxilo.[1]

Fundou unha cidade en Etolia (ó norte do golfo de Corinto), á que deu o seu nome, Calidón.

"De Etolo e Prónoe, filla de Forbo, naceron Pleurón e Calidón, de quen tomaron o seu nome as cidades de Etolia... De Calidón e Eolia, filla de Amitaón, naceron Epicasta e Protoxenia, de cuxa unión con Ares naceu Óxilo".
(Pseudo-Apolodoro: Biblioteca mitológica I, 7, 7)

Notas editar

  1. Non confundir con Protoxenia, filla de Deucalión, cuxo nome significaría 'nada en primeiro lugar'.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • GRIMAL, Pierre: Diccionario de mitología griega y romana. Ed. Paidós, 1981.
  • PSEUDO-APOLODORO: Biblioteca mitológica. Tradución e notas de Julia García Moreno. Alianza Editorial 3ª ed. 2016 [a numeración segue a utilizada neste texto].