Caleta de Sebo (tamén chamada Caleta del Sebo) é unha localidade situada na parte suroriental da illa canaria de La Graciosa, que pertence administrativamente ao concello lanzaroteño de Teguise, na provincia das Palmas, España. Situado a 1,2 quilómetros da illa de Lanzarote, Caleta de Sebo é o principal núcleo de poboación de La Graciosa e, por iso, é considerada a capital de facto da illa.

Caleta de Sebo.

Historia editar

A orixe da poboación remóntase ao século XIX. En 1861 o Goberno permite á empresa anglo-española Cappa y Maqueda o establecemento dunha factoría de salgadura de peixe. Este establecemento implicou a construción dos almacéns e as primeiras casas da illa. A finais do século XIX, co afán por establecer as pesqueiras canario-africanas na illa, formouse a aldea de Caleta de Sebo.[1]

Demografía editar

Tiña unha poboación de 733 habitantes en 2019, o que representa a práctica totalidade da poboación da illa de La Graciosa, que contaba no mesmo ano con 737 habitantes.

Variación demográfica[2] de Caleta de Sebo
2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019
626 615 624 617 628 635 656 638 646 642 657 653 663 679 696 718 743 748 730 733

Economía editar

As súas principais actividades económicas son a pesca e o turismo.

Comunicacións editar

Posúe un porto que comunica La Graciosa coa localidade lanzaroteña de Órzola, no concello de Haría.

Lugares de interese editar

En arquitectura destaca a igrexa parroquial da localidade, a Igrexa da Nosa Señora do Carme, tamén chamada Virxe do Mar, patroa da illa de La Graciosa e de Caleta de Sebo. Cada 16 de xullo realízase a tradicional procesión marítima da Virxe.

Notas editar

  1. "Plan Rector de Uso y Gestión del Parque Natural del Archipiélago Chinijo" (PDF). Goberno de Canarias. 2005. Consultado o 18 de maio de 2016. 
  2. "Instituto Nacional de Estadística". Arquivado dende o orixinal o 22 de maio de 2011. Consultado o 31 de outubro de 2011. 

Véxase tamén editar