Caléndulas xénero Calendula

Flor de caléndula en Galiza
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Asterales
Familia: Asteraceae
Subfamilia: Asteroideae
Tribo: Calenduleae
Xénero: Calendula

As caléndulas (Calendula) son un xénero dun medio centenar de especies de herbas anuais ou perennes da familia das asteráceas, nativas da rexión mediterránea e Asia Menor. Reciben tamén os nomes de margaridas, maravalla e pampillos, dependendo da especie.

Son herbas de escasa altura, con follas espirais, simples, lixeiramente pubescentes, de entre 5 e 20 cm de longo. As flores son discoidais, desde amarelas a laranxa intenso. Algunhas especies, entre elas a Calendula officinalis están en flor case todo o ano; o seu nome científico provén das calendas, o nome dado polos latinos ao primeiro día do mes, por julgarse similar a frecuencia da súa floración.

Nalgunhas especies os pétalos florais e as follas brizas son comestíbeis, e úsanse para decorar ensaladas e outros pratos pola súa intensa cor. Empréganse tamén na medicina; tradicionalmente recomendábase un emplasto de talos e follas para irritacións, eccemas e feridas pequenas.

Especies editar

[1]

Notas editar

  1. Flann C (ed). "Species of Calendula". Global Compositae Checklist. Consultado o 31 de marzo de 2011. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar