Calcantita

mineral da clase dos sulfatos

A calcantita (do latín chalcanthum que significa flor de cobre) é un mineral da clase dos sulfatos cuxa fórmula química é CuSO4·5HO (sulfato de cobre (II) pentahidratado; contén un 31,5% de CuO, un 32% de SO3, un 1% de Fe2O3 e un 35,5% de auga).[1]

Calcantita
Calcantita (Sulfato cúprico pentahidratado)
Fórmula químicaCuSO4·5H2O
ClaseSulfatos
Sistema cristalinoTriclínico
CorAzul e turquesa
BrilloVítreo
Dureza2,5
FracturaConcoidea
ExfoliaciónImperfecta
RaiaBranca azulada
Densidade2,2-2,3 g/cm3

Aspecto editar

De cor azul, a calcantita aparece normalmente en forma de estalactitas, formando costras ou de forma masiva; rara vez fai acto de presenza en forma de cristais ben formados. Os cristais de calcantita só son posibles recrealos artificialmente aínda que de cando en vez podémolos atopar dun tamaño microscópico.

Lugares onde se atopa editar

A calcantita preséntase en zonas de oxidación pola alteración da calcopirita e outros minerais de cobre.

É común atopala en Riotinto (Huelva).

Usos da calcantita editar

Úsase en química coma antiséptico e tamén na fabricación de pilas e colorantes.

Propiedades editar

A calcantita é un mineral soluble en auga.

Outros sulfatos editar

A anhidrita e o xeso son outros minerais importantes da clase dos sulfatos.

Notas

  1. prodweb (2017-08-08). "Calcantita". Portal da Mineração (en inglés). Consultado o 2024-03-27. 

Véxase tamén editar