Os calçots ou ceballots son unha variedade de cebolas tenras, pouco bulbosas e máis suaves, que se cobren con terra a medida que crecen, e que se comen escalivadas. Son típicas da gastronomía de Cataluña.

Calçots preparados

A súa orixe crese que está en Xat de Benaiges, un campesiño de Valls de finais do século XIX que inventou este tipo de cultivo, que consiste en cubrir as cebolas conterra (calzar, en catalán calçar) a medida que crecen.[1] Despois cociñounas no fogo. Desde entón, o consumo ce calçots ou calçotada converteuse nunha festa gastronómica en Cataluña.

Os calçots consómense habitualmente entre xaneiro e abril, cócense con leña de bacelos e cómense acompañados dunha salsa típica, a salvitxada, que é unha salsa de tipo romesco.

Notas editar

  1. Costa, Roger. Des de quan existeix el costum de mengar calçots. Barcelona.