Un cairo[1] ou cabeiro[2][3] é un dente excepcionalmente longo de certos mamíferos que sobresae cando a boca está pechada. Usados para defenderse máis que para atacar, os cabeiros, que unha vez foron dentes normais, desenvolvéronse a través de procesos adaptativos-evolutivos, converténdose nun sinal de identidade para os animais que os posúen.

Esqueleto dun mamut, no que se aprecian os seus grandes cabeiros.

Algúns exemplos de mamíferos viventes con cabeiros son o elefante, o xabaril, o hipopótamo, a morsa e o narval, e entre os mamíferos extintos atópanse o mamut e o tigre dentes de sabre.

Os dentes que co tempo se converteron en cabeiros non son os mesmos en todas as especies de animais: no elefante trátase de dous incisivos superiores, no xabaril son os caninos inferiores, que son máis desenvolvidos nos machos adultos, no hipopótamo, por último, son os caninos superiores.

Os cabeiros empréganse para producir marfil, que se usa en decoración e en xoiaría, e antigamente utilizábanse tamén para elaborar outros artigos, como teclas de piano. Posto que os animais con cabeiros están en perigo de extinción (especialmente o elefante africano), o comercio co marfil está totalmente prohibido pola Convención sobre o Comercio Internacional de Especies Ameazadas de Fauna e Flora Silvestres (CITES) das Nacións Unidas.

Notas editar