Cachena

Descrición da vaca cachena
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Eutheria
Orde: Artiodactyla
Familia: Bovidae
Subfamilia: Bovinae
Xénero: Bos
Especie: B. taurus

A cachena é unha raza de vacún de grande rusticidade, perfectamente adaptada ó medio no que se desenvolve onde aproveita uns recursos naturais para pacer que dificilmente serían aproveitados por outras razas bovinas. É un tipo de vaca galleira,[1] cos cornos longos cara a arriba e abertos para os lados.

As cachenas son animais de pequeno tamaño e cornos de grandes proporcións. A súa área de orixe sitúase nas zonas montañosas dos concellos incluídos no parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés, especialmente na aldea de Olelas, e nos contrafortes montañosas do homólogo parque nacional portugués de Peneda-Gerés.

Evolución da poboación editar

Ano Femias Machos Total Ganderías
2009 3 418 734 4 152 157
2010 3 936 891 4 827 167
2011 4 118 944 5 062 174
2012 4 122 927 5 049 164
2013 3 900 830 4 730 164
2014 3 430 629 4 059 146
2015 3 484 520 4 004 153
2016 3 660 624 4 284 150
2017 3 834 715 4 549 150
2018 3 908 760 4 668 150
2019 3 881 726 4 607 166
2020 4 341 909 5 250 164
2021 4 619 945 5 564 168
2022 4 975 1 054 6 029 163
Gráfica de evolución demográfica da vaca cachena entre 2009 e 2022
Datos segundo a aplicación ARCA do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.[2]

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para galleiro.
  2. "Aplicación ARCA". servicio.mapa.gob.es/arca. Consultado o 30 de agosto de 2023. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar