Cabozoa
Clasificación científica
Dominio: Eukarya
(sen clasif.) Bikonta
(sen clasif.): Cabozoa
Supergrupos

Os cabozoos (Cabozoa) son un clado de Eukarya proposto por Cavalier-Smith para agrupar aos grupos Rhizaria e Excavata.[1][2] Segundo esta clasificación, Cabozoa orixinouse cando o antepasado común de Excavata e Rhizaria adquiriu os cloroplastos por medio da inxestión e establecemento de endosimbiose cunha alga verde con clorofilas a e b. Este proceso de endosimbiose secundaria (mestura de dúas células eucariotas) reflíctese na topoloxía máis complexa das membranas que rodean os cloroplastos.

Árbore filoxenética das algas. O diagrama indica a clasificación dos Cabozoos proposta por Cavalier Smith, pero non todos os termos indicados reflicten un consenso actual.

Non todos aceptan que o grupo sexa monofilético. As investigacións máis recentes tenden a situar a Rhizaria cos Alveolata e heterocontas.[3]

Notas editar

  1. T. Cavalier-Smith (2002). "The phagotrophic origin of eukaryotes and phylogenetic classification of Protozoa" (PDF). International Journal of Systematic and Evolutionary Microbiology 52: 297–354. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de setembro de 2007. Consultado o 06 de maio de 2013. 
  2. T. Cavalier-Smith (2003), Genomic reduction and evolution of novel genetic membranes and protein-targeting machinery in eukaryote-eukaryote chimaeras (meta-algae), Philos Trans R Soc Lond B Biol Sci. 2003 January 29; 358(1429): 109–134. doi: 10.1098/rstb.2002.1194.
  3. Burki F, Shalchian-Tabrizi K, Minge M, Skjæveland Å, Nikolaev SI; et al. (2007). "Phylogenomics Reshuffles the Eukaryotic Supergroups". PLoS ONE 2 (8: e790). doi:10.1371/journal.pone.0000790. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar