Coordenadas: 37°38′10″N 0°41′24″O / 37.636, -0.69

O cabo de Palos é un cabo situado no concello de Cartaxena, na Rexión de Murcia. Orograficamente, o cabo forma parte dunha pequena cordilleira de outeiros volcánicos que forman unha pequena península. Unha proba desta cordilleira son as illas próximas no mar Mediterráneo: illa Grosa e as illas Hormigas, así como as cinco situadas no mar Menor.

Vista do porto de cabo de Palos.
Faro de cabo de Palos.

A proximidade do mar Menor (palus ou lagoa en latín) é a que dá orixe á etimoloxía do lugar.

Historia editar

Segundo Plinio o Vello e Rufo Festo Avieno, sobre o promontorio do cabo houbo na antigüidade un templo consagrado a Baal Hammón, identificado logo polos romanos como Saturno.

No século XVI, no reinado de Filipe II construiose sobre o promontorio unha torre de vixilancia para defensa da costa contra os ataques dos piratas berberiscos.

En 1862 iniciouse a construción do actual faro que se alza ata os 80 metros de altura sobre o nivel do mar e 50 sobre o terreo situado na parte oriental do cabo, sobre un pequeno outeiro. Iluminouse por primeira vez o 31 de xaneiro de 1865.

O pobo de Cabo de Palos, foi na súa orixe un poboado de pescadores, aínda que hoxe é principalmente unha localidade turística coñecida pola súa gastronomía (en especial polo seu "Caldeiro do Mar Menor", receita local a base de arroz e peixes da zona, en particular o mero) e como destino de mergullo.

Cabo de Palos forma parte da Estación Náutica do Mar Menor, o que asegura ao turista que acode á zona unha ampla oferta en deportes náuticos, sobre todo o mergullo, en todas as épocas do ano, grazas ao clima cálido do sueste murciano e aos seus impoñentes fondos mariños.

A riqueza e bo estado de conservación dos seus fondos mariños motivaron a protección dos mesmos dentro da reserva mariña de cabo de Palos e Illas Hormigas.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Notas editar