Coordenadas: 38°44′19″N 0°13′00″L / 38.738609, 0.216672

O cabo da Nau sitúase no concello valenciano de Xàbia e constitúe o punto máis oriental da provincia de Alacant, marcando o límite sur do Golfo de Valencia.

Vista do cabo desde o miradoiro de Ambolo.

Características editar

Constituído primordialmente por rocha calcaria a súa orografía é agreste, formando unha costa abrupta de forte pendente na que abrollan calas con covas e illotes, como a coñecida cova dels Orguens ou a illa do Descubridor. No alto do cabo, a uns 120 metros sobre o nivel do mar, sitúase un faro que constitúe unha importante axuda para a navegación.


 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.