Un cabaré[1], palabra de orixe francesa cuxo significado orixinal era taberna, é unha sala de espectáculos, polo xeral nocturnos, que adoitan combinar música, danza e canción, as máis das veces cun aquel erótico, aínda que tamén poden estar enfocados á actuación de humoristas, ilusionistas, mimos e moitas outras artes escénicas. Distínguese doutros locais de espectáculos, entre outras cousas, por ter un bar, e algunhas veces tamén un restaurante, en función do espazo dispoñíbel. Nos cabarets que contan con restaurante a cea adoita preceder ao espectáculo; pero os asistentes poden beber ou conversar con outros espectadores durante as actuacións.

Moulin Rouge, un famoso cabaré parisiense.

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cabaré.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar