Obxectivos de Control para a información e Tecnoloxías relacionadas (COBIT, en inglés: Control Objectives for Information and related Technology) é un conxunto de mellores prácticas para o manexo de información creado pola Asociación para a Auditoría e Control de Sistemas de Información,(ISACA, en inglés: Information Systems Audit and Control Association), e o Instituto de Administración das Tecnoloxías da Información (ITGI, en inglés: IT Governance Institute) en 1992.

Edicións editar

A primeira edición foi publicada en 1996; a segunda edición en 1998; a terceira edición en 2000 (a edición on-line estivo dispoñible en 2003); e a cuarta edición en decembro de 2005, e a versión 4.1 está dispoñible desde maio de 2007. Na súa cuarta edición, COBIT ten 34 obxectivos de alto nivel que cobren 318 obxectivos de control (específicos ou detallados) clasificados en catro dominios: Planificación e Organización, Adquisición e Posta en funcionamento, Entrega e Soporte, e, Supervisión e Avaliación. En inglés: Plan and Organize, Acquire and Implement, Deliver and Support, and Monitor and Evaluate.

Misión editar

A misión de COBIT é "investigar, desenvolver, publicar e promocionar un conxunto de obxectivos de control xeralmente aceptados para as tecnoloxías da información que sexan autorizados (dados por alguén con autoridade), actualizados, e internacionais para o uso do día a día dos xestores de negocios (tamén directivos) e auditores." Xestores, auditores, e usuarios benefícianse do desenvolvemento de COBIT porque lles axuda a entender os seus Sistemas de Información (ou tecnoloxías da información) e decidir o nivel de seguridade e control que é necesario para protexer os activos das súas compañías mediante o desenvolvemento dun modelo de administración das tecnoloxías da información.

Val IT editar

Recentemente, ISACA publicou Val IT, que relaciona os procesos de COBIT cos procesos da xerencia maior requiridos para conseguir un bo valor dos investimentos en tecnoloxías da información.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar