O Club Hoquei Mataró é un club de hóckey a patíns catalán da localidade de Mataró, na comarca de Maresme (Barcelona). O club foi fundado en 1951.

C.H. Mataró
CidadeMataró, Cataluña Cataluña
Historia1951
Fundado1951
PavillónPoliesportiu Municipal Jaume Parera (1.000)
PresidenteCataluña Josep Fontdeglòria Solà
AdestradorCataluña Quim López
Competición1ª División
Títulos
Copa CERS1 (2009)
Copas do Rei1 (1967)
Cores          Azul e branco
Na rede
https://www.chmataro.cat/
Facebook: ClubHoqueiMataro Twitter: chmataro Editar o valor em Wikidata
Sitio web
Sitio web oficial

Historia editar

O Club Hoquei Mataró (dende 1992 DC Mataró) acumula máis de cincuenta anos de historia. O primeiro partido oficial do club tivo lugar o 15 de outubro de 1951, e dous anos máis tarde creáronse os primeiros equipos de base.

O club conta nas súas vitrinas cunha Liga e unha copa de España, e competeu en cinco períodos diferentes na División de Honra nos últimos 40 anos.

Na tempada 2008-09, o equipo masculino descende á Primeira División, a segunda categoría do hóckey a patíns español, ao finalizar a fase regular da OK Liga na antepenúltima posición. A pesar do descenso, o club conseguiu o seu único título europeo ese ano, ao proclamarse campión da Copa CERS, gañando na final ao C.H. Lloret cun gol de Ferran Formatjé.

Palmarés editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar