CD16a
Identificadores
Símbolo FCGR3A
Símbolos alt. FCGR3, FCG3
Entrez 2214
HUGO 3619
OMIM

146740

RefSeq NM_000569
UniProt P08637
Outros datos
Locus Cr. 1 q23
CD16b
Identificadores
Símbolo FCGR3B
Símbolos alt. FCGR3, FCG3
Entrez 2215
HUGO 3620
OMIM

610665

RefSeq NM_000570
UniProt O75015
Outros datos
Locus Cr. 1 q23

En inmunoloxía, o CD16 (cluster de diferenciación 16), tamén chamado FcγRIII, é un antíxeno proteico da superficie de certas células do sistema inmunitario dos mamíferos. Exprésase especificamente en neutrófilos, células NK, monocitos e macrófagos. Ten un peso molecular de 50-80 kDa e polas súas características bioquímicas encádrase dentro da familia das inmunoglobulinas. A súa función na célula é funcionar como compoñente do receptor de baixa afinidade para a rexión Fc dos anticorpos e mediar na fagocitose e citotoxicidade debida a células dependentes de anticorpos IgG. O CD16 foi identificado como o FcγRIIIa (CD16a) e FcγRIIIb (CD16b).[1] O CD16 pode utilizarse para illar poboacións das células que o conteñen por medio de anticorpos dirixidos contra o CD16, utilizando FACS (selección de células activadas por fluorescencia) ou MACS (selección de células activadas por magnetismo).

Notas editar

  1. Janeway, Jr; et al. (2000). Inmunobiología. Masson, SA. ISBN 84-458-1176-2. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

  • CD16+Antigens no MeSH [1]