Círculos nas plantacións

Os círculos nas plantacións, tamén chamados de agroglifos, son formacións de tamaño considerábel creadas por medio do esmagamento dun campo de cultivo, como cereais, colza, cana e gramíneas. Estas marcas nas plantacións normalmente son complexas e non sempre presentan forma circular. Malia os moitos estudosos que alegan causas naturais descoñecidas ou orixe alieníxena como explicación para o fenómeno, o consenso científico é que case tódolos casos son obra do ser humano, con poucas excepcións posibelmente formadas por fenómenos naturais ou meteorolóxicos.

Vista aérea duns círculos nun cultivo de Suíza.

O concepto de círculos nas plantacións xurdiu a finais da década de 1970 por conta de hoaxes feitos por Doug Bower e Dave Chorley (véxase Bower e Chorley, abaixo).[1][2][3][4][5] Eles dixeron que foron inspirados polo caso de Tully, Queensland, Australia, onde un agricultor encontrou un círculo achatado de xuncos no pantano, despois de observar un ovni, o que posteriormente foi explicado como un remuíño natural.[2]

Os círculos no Reino Unido, país onde están rexistrados a a maioría dos casos, non están distribuídos aleatoriamente por toda a paisaxe senón que aparecen preto das estradas, en áreas de densidade de poboación media ou alta, achegados a monumentos do patrimonio cultural, tales como Stonehenge ou Avebury, e sempre en áreas de fácil acesso.[6] Vestixios arqueolóxicos poden causar marcas en campos con formas de círculos e cadrados, mais non aparecen durante a noite e están sempre nos mesmos lugares todo o tempo.

As formacións polo xeral son creadas durante a noite,[7] malia que existen algúns relatos que os suxiren durante o día.[8] Varias teorías foron propostas, dende fenómenos naturais e hoaxes feitos polo home até extraterrestres, o paranormal e até mesmo outros animais.[7] Malia que non se sabe por completo o proceso de formación de tódolos círculos en plantacións, a explicación máis plausíbel é que todos, ou case todos, foron obra de persoas.[7]

Notas editar

  1. Peter Jan Margry; Herman Roodenburg (2007). Reframing Dutch Culture: Between Otherness and Authenticity (illustrated ed.). Ashgate Publishing. pp. 150–1. ISBN 9780754647058. 
  2. 2,0 2,1 Laurie Eddie (4 de novembro de 2004). "The Skeptics SA Guide to: Crop circles". Skepticssa.org.au. Skeptics SA. Arquivado dende o orixinal o 23 de agosto de 2011. Consultado o 1 de xaneiro de 2012. 
  3. Carl Sagan (1997). The Demon-Haunted World. Headline Publishing Group. pp. 72–6. ISBN 0747251568. 
  4. Hillary Mayell (2 de agosto de 2002). "Crop circles: Artwork or alien signs". National Geographic. p. 2. Consultado o 28 de outubro de 2010. 
  5. Rob Irving; Peter Brookesmith (15 de decembro de 2009). "Crop Circles: The Art of the Hoax". Smithsonian.com. Arquivado dende o orixinal o 12 de novembro de 2013. Consultado o 02 de novembro de 2017. 
  6. Jeremy Northcote. "Spatial distribution of England's crop circles" (PDF). Geography Online (online journal, without ISSN). Southern Illinois University. 
  7. 7,0 7,1 7,2 Richard Taylor (agosto de 2011). "Coming soon to a field near you" (PDF). Physics World. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de maio de 2013. Consultado o 02 de novembro de 2017. 
  8. Margry & Roodenburg 2007, pp. 140-2.