Círculo máximo

intersección dunha esfera e un plano que a travesa polo seu centro

Un círculo máximo[1] é o círculo resultante dunha sección realizada a unha esfera mediante un plano que pasa polo seu centro e a divida en dous hemisferios; a sección circular obtida ten o mesmo diámetro que a esfera.

Un círculo máximo divide a esfera en dous casquetes esféricos iguais chamados hemisferios.

A distancia máis curta entre dous puntos da superficie dunha esfera sempre é o arco de círculo máximo que os une.

Aplicaciones de círculos máximos editar

Xeometría riemanniana editar

Na xeometría riemanniana este concepto serve para ilustrar como hai espazos con puntos (os antipodais) que admiten máis dunha xeodésica contrastando o que acontece nos espazos euclidianos, en que por dous puntos escollidos arbitrariamente só pasa unha única xeodésica.

Triángulos esféricos editar

 
Aplicación de círculos máximos nun triángulo esférico.

Se tres puntos da superficie esférica son unidos por arcos dun círculo máximo menores que 180 º, a figura obtida denomínase triángulo esférico. Os lados do polígono así formado exprésanse por conveniencia como ángulos con vértice o centro da esfera e non pola súa lonxitude. Este arco medido en radiáns e multiplicado polo raio da esfera é a lonxitude do arco. Nun triángulo esférico os ángulos cumpren que 180 ° <   +   +   < 540 °.

Xeografía e cartografía editar

 
A traxectoria do círculo máximo dunha ruta aérea (liña vermella)
A traxectoria seguindo unha corrente en chorro (liña verde).

En xeografía e cartografía, os círculos máximos que pasan polos polos determinan as liñas de lonxitude (meridianos). Na latitude, pola contra, existe só un círculo máximo, o Ecuador terrestre. As demais latitudes están determinadas por círculos menores paralelos ao Ecuador (paralelos).

Notas editar

  1. Masa Vázquez, Xosé M.; Fortes López, Belén (1995). Servicio de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela, ed. Vocabulario de Matemáticas. Santiago de Compostela. ISBN 84-8121-369-1. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar