Círcol Catòlic de Badalona

O Círcol Catòlic de Badalona, coñecido por motivos de patrocinio como El Círcol Cotonifici Badalona e ás veces en castelán como Círculo Católico, é un club de baloncesto profesional español con sede en Badalona, Cataluña. Actualmente compite na Copa Catalunya, quinta categoría do baloncesto español. Fundado en 1941, chegou a competir múltiples temporadas na máxima categoría. En 1983 cede a súa licenza federativa ao CB Santa Coloma, xogando as tres últimas en Santa Coloma de Gramenet co nome de Licor 43.

Círcol Cotonifici
Información xeral
Liga Primeira autonómica
Fundación 1941
Cores           Branco, azul
Presidente Antoni Forteza
Localización
Cidade España Badalona, España
Pavillón Pavelló La Plana
Capacidade 3 300
Inauguración 1972
elcircol.cat

Historia editar

A sección de baloncesto do Círcol Catòlic foi fundada en 1941, competindo en Terceira División até 1958, cando ascende á Segunda División. O Círcol xogou dez temporadas nesta liga antes de descender novamente á Terceira en 1970. Con todo, en tan só dous anos, o equipo logrou o ascenso á Liga Nacional con Domènec Tallada como Presidente e cun equipo adestrado por Josep Xicart e formado por Ezequiel Barrios, Antoni Baqué, Josep Machado, Josep Mañosa, Ricard Horta, Enric Campos, Josep Cisa, Buñuel, Pere Suñol, Josep Vila e Joan Costa.

A mediados dos anos 1970 o Círcol Catòlic conseguiu o patrocinio da empresa badalonesa Cotonificio, o que significou un grande impulso económico e deportivo para o club. Desde entón, o equipo foi coñecido como Cotonificio de Badalona. En 1978 conseguiu a cuarta posición na liga española e clasificouse para disputar a Copa Korać da tempada seguinte, da que chegou a disputar as semifinais. Naqueles anos formaron parte do club xogadores e adestradores como Manel Comas, José María Oleart, Aíto García Reneses, Quim Costa, Andrés Jiménez, Héctor Perotas, Agustín Custa, Javier Mendiburu, Adolfo Sada ou Jack Schroeder entre outros.

O patrocinio da empresa Cotonificio mantívose até 1983. A retirada do patrocinador e a falta de liquidez económica obrigou ao Círculo Católico a renunciar a disputar a Liga ACB. En 1983 o club cede a súa licenza federativa ao CB Santa Coloma da veciña Santa Coloma de Gramenet, onde co patrocinio da empresa Licor 43 xoga tres temporadas na máxima categoría.[1] O Círcol desmantelou a sección de baloncesto, aínda que volveuna a pór en marcha un ano despois, en 1984, mais nunha situación moi diferente á de anos anteriores: o primeiro equipo tivo que empezar a competir de novo na última categoría do baloncesto catalán,. Actualmente o primeiro equipo do Círcol compite na Copa Catalunya, nome que recibe en Cataluña a Primeira División autonómica inmediatamente inferior á Liga EBA.

Notas editar

  1. "Licor 43 de Santa Coloma". feb.es (en castelán). 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar