César Portillo de la Luz
César Portillo de la Luz, nado na Habana o 31 de outubro de 1922 e finado na mesma cidade o 4 de maio de 2013, foi un guitarrista e compositor cubano.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Narciso César Portillo de la Luz 31 de outubro de 1922 A Habana, Cuba |
Morte | 4 de maio de 2013 (90 anos) A Habana, Cuba |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Cuba |
Actividade | |
Ocupación | cantante , compositor de cancións , pintor , guitarrista |
Período de actividade | 2013 - |
Xénero artístico | Bolero |
Lingua | Lingua castelá |
Instrumento | Guitarra e voz |
Traxectoria editar
Sendo novo, na década de 1940, canda a outros artistas cubanos da súa xeración foi o pioneiro dun novo ritmo ao que deron en chamar filin, que é unha mestura da canción trobadoresca cubana coa estrutura sintáctica do bolero.