César Azpilicueta

futbolista español

César Azpilicueta Tanco, nado en Zizur Nagusia (Navarra) o 28 de agosto de 1989, é un futbolista español. Xoga de lateral dereito e o seu equipo actual é o Chelsea F.C. inglés. Ademais, no ano 2013, fixo o seu debut coa selección española.

Azpilicueta
Información persoal
Nome César Azpilicueta Tanco
Nacemento 28 de agosto de 1989 (34 anos)
Lugar de nacemento Zizur Nagusia
Altura 1,78 m.
Posición Lateral dereito
Información de club
Club actual Chelsea
Número 28
Carreira xuvenil
1999–2006 Osasuna
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2006–2007 Osasuna B 27 (1)
2007–2010 Osasuna 99 (0)
2010–2012 Marsella 47 (1)
2012– Chelsea 56 (0)
Selección nacional
2005 España sub-16 3 (0)
2006 España sub-17 10 (0)
2007–2008 España sub-19 18 (2)
2009 España sub-20 5 (0)
2008–2011 España sub-21 19 (1)
2012 España sub-23 5 (0)
2013– España 7 (0)
Na rede
Twitter: CesarAzpi Instagram: cesarazpi Olympic.org: cesar-azpilicueta FIFA: 270948 UEFA: 103827 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 13 de xuño de 2014.
Selección: actualizado a 13 de xuño de 2014.editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Formado nas categorías inferiores do CA Osasuna, debutou co primeiro equipo o 8 de abril de 2007 na derrota dos navarros por 0-2 contra o Real Madrid, cando aínda tiña ficha do equipo filial. Na tempada 2007-08, Azpilicueta fíxose cun oco no primeiro equipo, onde xogou ata o ano 2010.

O 21 de xuño de 2010, Azpilicueta foi traspasado ó Olympique de Marsella francés a cambio de 7 millóns de euros, e asinou un contrato por catro anos.[1] No seu debut co Marsella na Liga de Campións da UEFA, anotou en propia meta o único gol do partido na derrota do seu equipo contra o Spartak de Moscova.

O 24 de agosto de 2012, o Chelsea fichou a Azpilicueta por unha cantidade aproximada de 7 millóns de libras.[2]

Palmarés editar

Club editar

Olympique de Marsella
Chelsea

Notas editar

  1. "Accord de principe pour le transfert de César Azpilicueta" [Principio de acordo para o traspaso de César Azpilicueta]. OM.net. 21 de xuño de 2010. Consultado o 23 de xuño de 2010. 
  2. "Azpilicueta signs". Chelsea F.C. 24 de agosto de 2012. Arquivado dende o orixinal o 30 de agosto de 2012. Consultado o 24 de agosto de 2012. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar