Célula centroacinar

As células centroacinares son células con forma de fuso situadas no páncreas exócrino. As células centroacinares son unha extensión das células do ducto intercalado que entran na luz dos acinos pancreáticos.[1] Os ductos intercalados captan bicarbonato dos ductos intralobulares, que orixinan os ductos lobulares. Estes ductos lobulares finalmente converxen para formar o conduto pancreático principal.[1] As células centroacinares distínguense nos cortes histolóxicos por teren unha tinguidura pálida. Vistas ao microscopio electrónico teñen unha densidade moi baixa no citoplasma e poucos orgánulos.[2]

Célula centroacinar
TH H3.04.07.0.00008
Latín cellula centroacinosa
Gray's pág.1204

Estas células coñécense comunmente como células do ducto, e segregan unha solución acuosa de bicarbonato baixo a estimulación da hormona secretina. Tamén segregan mucina.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Wendy Lackey M.A. (February 2011). "lectures ession 12". Oral Cavity and Upper GI tract (coursepack from Michigan State University College of Human Medicine). p. 327. 
  2. D. W. Fawcett. Tratado de Histología. 11ª edición. McGraw Hill-Interamericana. Páxina 732. ISBN 84-7605-361-4.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Este artigo incorpora textos en dominio público de Gray's Anatomy.