Cándido ou o optimismo

conto filosófico de Voltaire

Cándido ou o optimismo[5] (en francés: Candide, ou l'Optimisme) é un conto filosófico publicado polo filósofo ilustrado Voltaire en 1759. Voltaire nunca admitiu abertamente ser o autor da controvertida novela, a cal está asinada co pseudónimo «Monsieur le docteur Ralph» (literalmente, «o señor doutor Ralph»).

Cándido ou o optimismo
Portada da edición de 1759 publicada por Cramer en Xenebra.[1][2]
Título orixinalCandide, ou l'Optimisme
Autor/aVoltaire
Ilustrador/aJean-Michel Moreau
OrixeFrancia
LinguaFrancés
ColecciónBiblioteca Galega de Clásicos Universais
Xénero(s)Conto filosófico
EditorialFrancia Cramer
Galicia Edicións Xerais
Data de pub.Francia xaneiro de 1759[3][4]
Galicia 1999
Páxinas172
ISBNISBN 8483023997 (1999)
ISBN 84-9757-184-3 (2005)
TraduciónHenrique Harguindey
editar datos en Wikidata ]
Edición inglesa de 1762.

Foi traducida ó galego por Henrique Harguindey e foi publicada por Edicións Xerais no ano 1999, con introdución de Herminio Barreiro.[5] No ano 2005, foi publicado de novo cunha tradución de Harguindey dentro da colección Biblioteca Galega de Clásicos Universais.[6]

Ideas da obra editar

A obra narra, dende un punto de vista sardónico, as peripecias do protagonista Cándido no seu primeiro encontro co precepto do optimismo leibniziano de que «todo sucede para ben neste, o mellor dos mundos posibles» e nunha serie de aventuras subsecuentes que refutan de forma dramática o famoso precepto malia a obstinación coa que o personaxe se aferra a este.

A novela satiriza a filosofía de Leibniz, e é un mostrario dos horrores do mundo do século XVIII. En Cándido, Leibniz está representado polo filósofo Pangloss, titor do protagonista. A pesar de observar e experimentar unha serie de infortunios, Pangloss afirma repetidamente que «tout est au mieux» («todo sucede para ben») e que vive en «le meilleur des mondes possibles» («o mellor dos mundos posibles»).

Notas editar

  1. Wootton (2000), p. 1
  2. Aldridge (1975), pp. 251–254
  3. Davidson (2005), pp. 52–53
  4. Williams (1997), pp. 1–3
  5. 5,0 5,1 Cándido ou o optimismo. Traducido por Henrique Harguindey (1ª ed.). Vigo: Edicións Xerais. 1999. ISBN 8483023997 – vía Biblioteca da Tradución Galega. 
  6. Cándido ou o optimismo. Traducido por Henrique Harguindey (1ª ed.). Arteixo: La Voz de Galicia. 2005. ISBN 84-9757-184-3 – vía Biblioteca da Tradución Galega. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar