Bursa, coñecida historicamente como Prusa (en grego antigo Προύσα) e, posteriormente, como Brusa, é unha cidade do noroeste da parte asiática de Turquía e capital da Provincia de Bursa, na rexión (bölge) do Mármara (Marmara Bölgesi).

Modelo:Xeografía políticaBursa
Imaxe

Localización
Mapa
 40°11′29″N 29°04′50″L / 40.1913, 29.0805Coordenadas: 40°11′29″N 29°04′50″L / 40.1913, 29.0805
EstadoTurquía
ProvinciaProvincia de Bursa Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación2.901.396 (2016) Editar o valor em Wikidata (262,74 hab./km²)
Lingua oficiallingua turca Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie11.043 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude100 m Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Creación202 Editar o valor em Wikidata
Evento clave
6 de abril de 1326Siege of Bursa (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal16000 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico224 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webbursa.bel.tr Editar o valor em Wikidata
Facebook: bursabuyuksehir Twitter: bursabuyuksehir Instagram: bursabuyuksehir Youtube: UCwFMjH2wEekJd06bjISeWSA Editar o valor em Wikidata

Moitas veces denomínase á cidade como Yeşil Bursa ("Bursa verde"), en referencia aos numerosos parques e xardíns do centro da cidade, así como aos bosques que se estenden por toda a rexión.

Cerca da cidade álzase a montaña Uludağ, que conta cunha estación de esquí moi popular entre os habitantes. Tamén se encontran en Bursa os mausoleos dos sultáns otománs, así como numerosos edificios construídos durante o Imperio Otomán.

A fértil chaira que rodea a cidade, os baños termais, o museo de arqueoloxía, entre outros, e o ordenado crecemento urbano son algúns dos elementos que caracterizan a Bursa.

Entre os distritos que dependen de Bursa, destaca a histórica Nicea pola súa historia e os seus edificios.

Bursa tamén conta coa Universidade de Uludağ, e a súa poboación ten un dos máis altos niveis educativos de Turquía. Tradicionalmente acolleu a numerosos inmigrantes dos Balcáns, en ocasións en gran número.

En 1991, a cidade foi laureada con Premio de Europa, unha distinción outorgada anualmente polo Consello de Europa, desde 1955, a aqueles municipios que fixeran notábeis esforzos para promover o ideal da unidade europea.

En 2014, a Unesco elixiu a denominación Bursa e Cumalıkızık: nacemento do Imperio otomán como Patrimonio da Humanidade.[1]

Xeografía editar

Situada a unha altitude media de 100 msnm o municipio ocupa unha superficie de 1 036 km².

Segundo o censo de 2019 contaba cunha poboación de 3 056 120 habitantes,[2] polo que a súa densidade de poboación, nese ano, era de 3 508,52 hab./km².

É a cuarta cidade máis grande de Turquía, ademais dunha das máis industrializadas.

Historia editar

 
Bursa en 1890

O lugar máis antigo que se coñece é a cidade de Cío, que cedeu Filipo V de Macedonia ao rei de Bitinia Prusias I no ano 5 202 a.C. pola súa axuda contra Pérgamo (a Heraclea Póntica, actualmente Karadeniz Ereğli).[3] Prusias cambioulle o nome en honor a si msmo, Prusa.

Bursa foi evanxelizada por Santo André, apóstolo de Bitinia que, acompañado probabelmente polo seu irmán San Pedro, exerceu o seu apostolado por estas terras. Bursa foi un dos focos de irradiación do cristianismo primitivo. Despois de 128 anos baixo o poder de Bitinia, Nicomedes IV, o último rei de Bitinia, legou o reino ao Imperio romano no 74 a.C.

Un tesouro romano temperán, formado por artigos de lavabo en prata dunha muller, encontrouse nas proximidades de Bursa pricipios do século XX. Hoxe está no Museo Británico.[4]

Posteriormente, Bursa adquiriu grande importancia debido á súa situación no extremo occidental da Ruta da Seda. Converteuse na capital do Imperio Otomán cando foi conquistada ao decadente Imperio bizantino en 1326.

A conquista de Edirne (Adrianopole) en 1365 fixo que esta cidade tamén destacase, aínda que Bursa seguiu sendo un importante centro administrativo e comercial, incluso cando perdeu o seu status de capital.[5] Pouco despois de que os otománs a conquistaran, estes abriron unha escola teolóxica en Bursa. Dita escola atraeu a numerosos estudosos musulmáns de todo o Oriente Próximo, e continuou a súa actividade despois de que Bursa deixase de ser a capital.

Durante o dominio otomán, Bursa foi a orixe da maioría dos produtos de seda da contorna do sultanato. Ademais da produción local, imporátabase seda salvaxe de Irán e, en ocasións, da China, e era o principal fabricante de kaftáns, almofadas, bordados e outros produtos de seda para os palacios do sultán até o século XVII. Tamén foi relevante historicamente a produción de coitelos e de carros de cabalos. Actualmente pódense encontrar alí se unha gran variedade de coitelos artesanais e outros produtos, aínda que, en lugar de coches de cabalos, existe unha grande industria automobilística.

Economía editar

 
Koza Han (Bazar da seda)

Bursa é o centro da industria automobilística de Turquía. Durante décadas, os Grupos Fiat e Renault (hoxe reunidos, canda outros, en Stellantis) tiveron importantes instalacións de produción en Bursa.

Tamén destacan a industria téxtil e a alimentaria; Coca Cola, Pepsi Cola e outras marcas de bebidas, así como diferentes fábricas de alimentos frescos e envasados, encóntranse nas zonas industriais da cidade.

Tradicionalmente Bursa foi famosa polas súas fértiles terras e a agricultura, aínda que esta encóntrase en retroceso debido á grande industrialización da cidade.

Bursa tamén é un gran centro turístico: algunhas das mellores pistas de esquí están situadas nol monte Uludağ, a tan só uns qiilómetros da cidade. Os seus baños termais utilizáreonse desde o Imperio romano con fins terapéuticos.

Ademis dos baños situados nos hoteis, a Universidade de Uludağ conta c un centro fisioterapéutico onde se utilizan as augas termais.

Transporte editar

Bursa ten un sistema de metro, o Bursaray, e de autobuses complementado coa rede de taxis. O aeroporto de Bursa, ol Yenişehir, encóntrase a uns 30 km do centro da cidade. Os cidadáns de Bursa tamén dispoñen do Aeroprto Atatürk de Istambul e do Aeroprto Internacional de Sabiha Gökçen para traxectos internacionais, debido á súa proximidade coa metrópole. Hai adicionalmente buses e ferri entre as dúas cidades.

Educación editar

A Universidade de Uludağ encóntrase en Bursa e é unha das máis importantes da Rexión de Mármara. Fundouse en 1975 co nome de Universidade de Bursa e, no ano de 1982 cambouse ao nome actual.

Durante o ano académico 2005-2006, a universidade contou con 47 000 alumnos.

Deportes editar

Bursa conta cun club de fútbol profesional, Bursaspor, que xoga na Segunda División. Os seus futbolistas coñécense como os "Yeşil Timsahlar" ("Caimáns Verdes") e xogan no Estadio Atatürk de Bursa. En [[baloncesto], o Tofas Bursa compite na segunda división europea, a Eurocup.

Tamén destaca a navegación con catamaráns construídos na cidade.


Bursa e Cumalikizik: o nacemento do Imperio Otomán
 
Mausoleo na mesquita de Yeşil.
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
País  Turquía
Localización40°11′00″N 29°04′00″L / 40.18333, -29.06667
TipoCultural
CriteriosI, II, III, IV, VI
Inscrición2014 (38ª sesión)
Rexión da UNESCOEuropa e América do Norte
Identificador1452

Galería editar

Notas editar

  1. Unesco (22 de xuño de 2013). "El Delta del Okavango, en Botswana, sitio número 1.000 de la Lista del Patrimonio Mundial". Unesco.org. Consultado o 21 de decembroo de 2021. 
  2. "Bursa (Metropolitan Province, Turkey) - Population Statistics, Charts, Map and Location".  (en inglés).
  3. Roodenberg, J. J. (1995). The Ilıpınar Excavations I. the University of Michigan: Nederlands Historisch-Archaeologisch Institut in het Nabije Oosten te Istanbul. ISBN 9062580734. 
  4. "British Museum - Collection search: You searched for Bursa, tomb". British Museum. Consultado o 21 de decembro de 2021. 
  5. "En 1363 a capital Otomá trasladouse de Bursa a Edirne, aínda que Bursa mantivo a súa importancia espiritual e económica." Ottoman Capital Bursa Arquivado 27 de febreiro de 2021 en Wayback Machine.. Official website of Ministry of Culture and Tourism of the Republic of Turkey. Consultada o 21 de decembro 2021.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Suraiya Faroqhi (2008): "At the Ottoman Empire's Industrious Core: the Story of Bursa". En Islamic World. Leiden: Koninklijke Brill. p. 357.
  • Bruce E. Stanley & Michael R. T. Dumper, eds. (2008): "Bursa". En Cities of the Middle East and North Africa. Santa Barbara, USA: ABC-CLIO, p. 100.
  • Gabor Agoston & Bruce Alan Masters (2009): "Bursa". En Encyclopedia of the Ottoman Empire. Facts on File. ISBN 978-1-4381-1025-7.
  • "Bursa". En Grove Encyclopedia of Islamic Art & Architecture. Oxford University Press, 2009. p. 317.

Outros artigos editar