Bruxa

páxina de homónimos

O termo bruxa pódese referir:

Esoterismo editar

  • Bruxa, muller con coñecementos de medicina natural e que se supón que ten poderes sobrenaturais, que adiviña o porvir, realiza curacións etc. Bruxa, balura, feiticeira, maga.
  • Meiga, muller á que se lle atribuía un pauto co demo, do que recibía poderes para realizar meigallos, adiviñar o futuro etc. Bruxa.
    • Bruxaría, conxunto de coñecementos e prácticas máxicas ou sobrenaturais propias dos bruxos e das bruxas, meigaría.
    • Caza de bruxas, procura de bruxos, bruxas, ou meigas, que levaba a acusar á persoa afectada de bruxaría, a un xuízo e finalmente a unha condena.
    • Bruxas de Samlesbury, foron tres mulleres da vila de Samlesbury en Lancashire —Jane Southworth, Jennet Bierley e mais Ellen Bierley—, acusadas por unha rapaza de 14 anos, Grace Sowerbutts, de practicar bruxaría.
    • Bruxas de Villanúa, fai referencia ás mulleres condenadas e axustizadas na vila aragonesa de Villanúa.
    • Bruxas de Zugarramurdi, fai referencia ao caso máis sonado da historia da bruxaría vasca na vila do Pireneo navarro de Zugarramurdi en novembro de 1610, onde mataron 18 mulleres.
    • Caza de bruxas de Galicia, fai referencia aos máis de noventa procesos da Inquisición de Galicia a mulleres, case sempre curandeiras ou mesmo alleas a estas prácticas, que foron denunciadas por simples cobizas entre a veciñanza e condenadas a morte. Os únicos casos de queima colectiva de bruxas, como os de Laxe e Cangas, foron interrompidos pola intervención do Consello Xeral da Inquisición para evitar epidemias semellantes ás de Logroño e Zugarramundi.
      • Bruxas de Cangas e María Soliño, mulleres acusadas de bruxaría e condenadas pola Inquisición en Cangas entre 1619 e 1628, en realidade vítimas dunha invención dos inquisidores, caza de bruxas.
        • María Soliño, muller galega de Cangas, acusada de bruxaría en 1617. Foi, xunto con outras compañeiras, encarcerada e torturada; disque non foi queimada viva, senón a tolemia e a fame acabaron coa súa vida.
        • A Mangallona, muller galega de Coiro (Cangas), acusada de bruxaría en 1617. Dique seguía a aparecerse aos veciños trala súa morte.
      • Bruxas de Laxe, mulleres acusadas de bruxaría e condenadas pola Inquisición en Laxe.
      • Ana de Castro, muller galega veciña da Armenteira (Meis) procesada por bruxaría e por ter pauto co demo en 1626, foi torturada e desterrada de Galicia.
      • Lucía Fidalgo, muller galega veciña de San Martiño de Anllo (Sober), procesada por bruxaría, prostitución. En 1650 foi torturada e desterrada de Galicia.
      • María Rodrigues, muller galego-portuguesa de Ponte de Lima, acusada en Tui de bruxaría en 1577. Na catedral de Santiago de Compostela foi azoutada e finalmente consumida polo lume nunha fogueira pública na praza do Campo (hoxe praza de Cervantes) de Santiago de Compostela entre as burlas dos veciños da cidade.

Animais editar

Fitopatoloxía editar

  • Vasoira de bruxa, malformación que se produce nas árbores por causa do ataque de diversas especies de insectos (especialmente Rnyacionia buolinana) e que se manifesta nunha perda das guías terminais.

Toponimia editar

  • Bruxas, capital da rexión belga de Flandres Occidental.

Literatura editar

  • O Martelo das Bruxas, Malleus Maleficarum, especie de manual de diagnóstico para bruxas, publicado en 1487.
  • As Bruxas de Salem (The Crucible, en lingua inglesa), peza teatral escrita por Arthur Miller en 1953, baseada nos eventos históricos que levaron ao perseguimento das bruxas de Salem en 1692 en Massachusetts.
  • As bruxas, novela infantil do escritor galés Roald Dahl, publicada en 1983 co título orixinal de The Witches.

Deporte editar

Véxase tamén editar