Brumario

segundo mes do calendario republicano francés

Brumario (en francés Brumaire) é o nome do segundo mes do calendario republicano francés, o segundo tamén da estación do outono, que dura desde o 22, 23 ou 24 de outubro ata o 20, 21 ou 22 de novembro, segundo o ano. Coincide aproximadamente co paso aparente do Sol pola constelación zodiacal de Escorpión.

Alegoría, autor anónimo

O nome do mes deriva do francés brume (galego: "bruma"). Segundo o informe á Convención proposto por Fabre d'Églantine, o devandito nome refírese ás "brétemas e brumas baixas que son a transudación da natureza de outubro en novembro". O sufixo -ario denota que o mes pertence á estación do outono, igual que Vendimario e Frimario.

O 18 de brumario editar

A data do 18 de brumario, por antonomasia, refírese ao 18 de brumario do ano XVIII (o 9 de novembro de 1799), cando Napoleón Bonaparte deu o golpe de estado que terminou co Directorio e deu lugar ao Consulado. Este golpe de estado marca para os historiadores o final da Revolución francesa.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar