Broomridge é un distrito da cidade de Stirling, en Escocia. Está situado ao sur do concello, próximo do límite co concello de Falkirk, e inmediatamente ao sur do centro da cidade.

Xeografía editar

Atópase ao norte do lugar de Bannockburn e ao leste de St. Ninians. Limita ao leste coa vía do tren que une Stirling con Glasgow e Edimburgo e ao oeste coa estrada A9, que une Edimburgo e Thurso. Ten dúas grandes áreas verdes: unha é o bosque de Balquiderrock, que é unha extensión protexida, e outra é o monte de Broom que lle dá nome ao distrito.

Historia editar

Broomridge era antigamente un casal, pero a partir da década de 1960 medrou pola urbanización dos arrabaldes de Stirling, que non se detivo ata o presente. Está integrado na sección electoral de Stirling Leste, que se estende dende Bannockburn en dirección norte ata o río Forth.

Lugares de interese editar

No distrito de Broomridge atópase o instituto de Bannockburn. Tamén hai un templo da Igrexa de Escocia, así coma un centro social, un centro de saúde e dúas escolas de ensino primario.