Brody Dalle

música australiana

Brody Dalle, nada como Bree Joanna Alice Robinson o 1 de xaneiro de 1979[1] é unha cantante, compositora e guitarrista australiana. Dalle comezou a tocar música na súa adolescencia, e mudouse aos Ánxeles, California, con 18 anos, onde fundou a banda de punk rock The Distillers. O grupo publicou tres álbums antes de separarse no ano 2006. Dalle iniciou outro proxecto, Spinnerette, publicando un álbum epónimo en 2009. En 2014 publicou Diploid Love, o seu primeiro álbum en solitario.[2]

Brody Dalle
Nome completoBree Joanna Alice Robinson
Data nacemento1 de xaneiro de 1979 (45 anos)
Nado enMelbourne Australia Australia
CónxuxeTim Armstrong e Josh Homme
Ocupaciónguitarrista, cantante e compositora
Instrumento(s)voz, guitarra, baixo, teclados
Relacionado conThe Distillers, Spinnerette, Eagles of Death Metal, Queens of the Stone Age, Freeland, Transplants, Leftöver Crack, Nosfell, Sourpuss, Nick Valensi
Tempo en activo1993 - presente
Na rede
http://www.brodydalle.com/
IMDB: nm1564077 Facebook: BrodyDalle Twitter: BrodyDalle Instagram: nerdjuice79 Souncloud: iambrodydalle Spotify: 2mGlvfts36oW5O7KKPzfLk Last fm: Brody+Dalle Musicbrainz: 162aa6e5-4b35-4428-8c2a-ad036e875948 Songkick: 936150 Discogs: 1511481 Allmusic: mn0000076512 Deezer: 4465841 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Biografía editar

Brody Dalle naceu como Bree Joanna Alice Robinson en Melbourne o 1 de xaneiro de 1979[1] e medrou nos suburbios de Fitzroy e Northcote da cidade.[3] O seu pai, que era violento e abusón, abandonou a súa familia cando Dalle era nova. Posteriormente os seus pais volveríanse casar con outras persoas, polo que a través do segundo matrimonio do seu pai é media irmá da actriz Morgana Robinson. Dale non tivo demasiado contacto con Robinson ata que as dúas coñecéronse nos camerinos tras un concerto de The Distillers en 2004, cando Robinson revelou que o seu país vive agora "en Leeds ou algunha merda".[4] Dalle foi abusada sexualmente de nena, e gastou gran parte da súa adolescencia en casos xudiciais relacionados co seu abuso.[5] De adolescente comezou a adestrarse para ser nadadora olímpica.[6] Estudou e foi expulsada de dous institutos católicos en Melbourne antes de deixar os seus estudos.[7] Dalle experimentou coas drogas e posteriormente dixo, "Nunca fun adicta, nunca fun descalza ou vendín o coche da miña nai a un xitano. Só experimentei, como fai todo o mundo".[7]

Carreira editar

Primeiros proxectos e The Distillers editar

Dalle sentíase intrigada por Cyndi Lauper e os Beatles cando era nena.[8] Aos 12 anos descubriu a grupos como Nirvana,[9] e citou a Courtney Love e á súa banda Hole (ademais de a outras bandas de punk femininas como Babes in Toyland e Bikini Kill) como as súas primeiras influencias.[3] A súa carreira musical comezou aos 13 anos, empezando coa guitarra.[10] Participou en Rock 'n' Roll High School (RnRHS), un colectivo feminista de Melbourne creado por Stephanie Bourke.[11] Interesouse por Black Flag, Discharge, e Flipper[11] e en 1995, poucos días antes do se 17 aniversario, a súa primeira banda, Sourpuss, tocou no Australia's Summersault Festival, onde coñeceu a Tim Armstrong, líder da banda de punk rock Rancid. Os dous mantiveron unha relación e comprometéronse en 1997, pouco despois de que Dalle cumplise 18 anos. Dalle mudouse aos Ánxeles e alí fundou The Distillers.

The Distillers publicou o seu álbum de estrea no ano 2000, sendo aclamado e comparado con Hole, e comparouse tamén a Dalle con Courtney Love[7] e despois con PJ Harvey.[12] Para a gravación do seu segundo traballo, Sing Sing Death House, a banda tivo outra formación, e no tempo do seu terceiro disco, Coral Fang, Dalle era o único compoñente orixinal. O álbum tivo unha boa recepción e a banda tivo un grande éxito con distintos sinxelos do disco e tocou no festival Lollapalooza.[13] En 2001 Dalle tamén fixo un cameo no vídeo musical do tema "My Friends Over You" de New Found Glory co seu entón marido Tim Armstrong, ademais de Travis Barker e Rob Aston.

 
Dalle con Spinnerette en 2009

Spinnerette e traballos posteriores editar

Queimados e cansos uns dos outros tras unha extenuante xira de dous anos, The Distillers separouse en 2005.[5] Dalle comezou a traballar nun novo proxecto chamado Spinnerette con Alain Johannes de Eleven. O 11 de decembro de 2008 a banda editou o seu primeiro EP titulado Ghetto Love, cun vídeo de acompañamento dirixido por Liam Lynch. O 17 de xuño de 2009 o grupo lanzou o álbum Spinnerette.[14]

Dalle tamén tocou en temas da banda Eagles of Death Metal usando varios alcumes e apareceu na canción "Weigh on My Mind" do álbum de estrea de The Transplants en 2002. Tamén gravou voces no tema de Queens of the Stone Age "You Got a Killer Scene There, Man", do seu álbum de 2005 Lullabies to Paralyze, e tamén fixo unha aparición na canción de Leftöver Crack "Muppet N.A.M.B.L.A", para o seu traballo de 2004 Rock The 40 Oz: Reloaded. No ano 2009 apareceu co seu marido nese momento, Josh Homme, no tema "Bargain Healers" do artista francés Nosfell. En 2011 Brody Dalle apareceu nunha canción de Boots Electric chamada "Boots Electric Theme".

Traballo en solitario editar

En novembro de 2012 Dalle anunciou en Twitter que estaba traballando nun álbum en solitario, no que aparecerían Alain Johannes e Michael Shuman de Queens of the Stone Age e Shirley Manson de Garbage.

En novembro de 2013 Dalle dixo que fichara por Caroline Records, unha división do Universal Music Group, coa intención de editar o seu primeiro traballo a principios de 2014.[15] O álbum foi producido por Alain Johannes, e conta coas aparicións de Shirley Manson, Nick Valensi de The Strokes, e Emily Kokal de Warpaint. Dalle apoiou a Nine Inch Nails e Queens of the Stone Age na súa xira por Australia e Nova Zelandia en marzo de 2014 para promocionar o álbum.

No mes de febreiro de 2014 Dalle publicou o primeiro sinxelo do álbum, Diploid Love, que aparecería o 28 de abril dese mesmo ano. O sinxelo, "Meet The Foetus / Oh The Joy", contaba coas voces de Shirley Manson e Emily Kokal.[16] O segundo sinxelo, "Don't Mess With Me", usouse na banda sonora do videoxogo de Square Enix Life is Strange: Before the Storm.

Reunión de The Distillers editar

En xaneiro de 2018 Dalle compartiu ligazóns na súa conta de Twitter dunha nova conta para The Distillers, así como dunha conta de Instagran previamente creada para a banda. Un vídeo foi subido a todas esas plataformas confirmando o regreso do grupo.[17]

Vida persoal editar

En 1995, con 16 anos de idade, Dalle coñeceu ao líder de Rancid Tim Armstrong, que tiña 30 anos, cando as súas bandas tocaron no festival Summersault.[5] Mudouse aos Ánxeles en 1997 para estar con Armstrong e casaron ese mesmo ano. A parella divorciouse en 2003, e o álbum de Rancid Indestructible, publicado ese mesmo ano, conta con cancións como "Fall Back Down" que falan do divorcio e dos sentimentos de Armstrong con respecto a el. Dalle dixo que Armstrong controlábaa demasiado e que lle levou tres anos deixalo. Cando finalmente o fixo, Amstring e os seus amigos criticaron a Dalle na prensa, e ela afirmou que ameazara aos membros masculinos de The Distillers e incluíu na lista negra a todos os asociados a eles.[5] Tras o divorcio Dalle comezou a usar o apelido da súa actriz favorita, Béatrice Dalle.[18]

Durante a súa separación con Armstrong, Dalle reconectou co líder de Queens of the Stone Age Josh Homme, que coñecera no Lollapalooza en 1996 cando el tiña 23 e ela 17 anos. Os dous comezaron a saír xuntos, o que provocou a reacción de Armstrong e os seus seguidores.[19] Homme dixo que recibira moitas ameazas de morte de Armstrong.[20] Dalle casou con Homme o 3 de decembro de 2005.[21] Xuntos tiveron unha filla chamada Camille Harley Joan Homme (nada o 17 de xaneiro de 2006) e dous fillos chamados Orrin Ryder Homme (nado o 12 de agosto de 2011) e Wolf Dillon Reece Homme (nado o 13 de febreiro de 2016).[22] Dalle solicitou a separación legar en novembro de 2019 e divorciouse un mes despois, citando o alcoholismo e abuso de drogas de Homme; el posteriormente iniciou un proceso de rehabilitación, aínda que nos seguintes meses os dous acusáronse mutuamente de violencia doméstica.[23]

Discografía editar

Sourpuss editar

  • Sourpuss (EP) (1995)
  • Tabouli (EP) (1996)

The Distillers editar

Spinnerette editar

En solitario editar

Aparicións editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Diehl, Matt (2007). My So-Called Punk: Green Day, Fall Out Boy, the Distillers, Bad Religion—How Neo-Punk Stage-Dived into the Mainstream. Nova York: St. Martin's Griffin
  2. "Brody Dalle". Discogs (en inglés). Consultado o 2019-12-02. 
  3. 3,0 3,1 "Interview: Brody Dalle – April 2014". 100% Rock Magazine. 2016-02-18. Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2016. Consultado o 2020-11-16.  |urlarquivo= e |url-arquivo= redundantes (Axuda); |dataarquivo= e |data-arquivo= redundantes (Axuda)
  4. "Brody Dalle: the return of tough, surly female singers". www.newstatesman.com (en inglés). Consultado o 2020-11-16. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 "Brody Dalle interview: 'I'm not going to be held down'". the Guardian (en inglés). 2014-04-10. Consultado o 2020-11-16. 
  6. "Brody Dalle Shares Her Highs And Lows". Clash Magazine (en inglés). Consultado o 2020-11-16. 
  7. 7,0 7,1 7,2 "Scare tactic". the Guardian (en inglés). 2004-03-12. Consultado o 2020-11-16. 
  8. Diehl 2007, p. 93
  9. Diehl 2007, pp. 93-94
  10. "BrodyInterview". web.archive.org. 2009-02-11. Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2009. Consultado o 2020-11-16.  |urlarquivo= e |url-arquivo= redundantes (Axuda); |dataarquivo= e |data-arquivo= redundantes (Axuda)
  11. 11,0 11,1 Diehl 2007, p. 95
  12. "Hey Ladies: Pop Stars Vs. Role Models". NPR.org (en inglés). Consultado o 2020-11-16. 
  13. "Lollapalooza ’03". janesaddiction.org (en inglés). 2009-03-06. Arquivado dende o orixinal o 28 de novembro de 2020. Consultado o 2020-11-16. 
  14. "Brody Dalle Speaks on Spinnerette, Distillers". Spin. 2008-11-14. Consultado o 2020-11-16. 
  15. "Brody Dalle signs to Universal's Caroline company". NME (en inglés). 2013-11-17. Consultado o 2020-11-16. 
  16. "Brody Dalle - 'Diploid Love'". NME (en inglés). 2014-04-25. Consultado o 2020-11-16. 
  17. "The Distillers Are Back". Stereogum (en inglés). 2018-01-03. Consultado o 2020-11-16. 
  18. Power, Ed. "Brody Dalle Interview: Living Dalle". Hotpress. Consultado o 2020-11-16. 
  19. "Queens Of The Stone Age: “You work first, then party later…”". UNCUT (en inglés). 2013-05-31. Consultado o 2020-11-16. 
  20. "Josh Homme In Fight With Tim Armstrong Over Brody Dalle". Contactmusic.com. 2005-03-21. Consultado o 2020-11-16. 
  21. "#260:Josh Homme/Queens of the Stone Age" (en inglés). Consultado o 2020-11-16. 
  22. "Josh Homme and Brody Dalle confirm birth of new child". NME (en inglés). 2016-02-17. Consultado o 2020-11-16. 
  23. "Queens of the Stone Age Singer Josh Homme Gets Restraining Order". TMZ (en inglés). Consultado o 2020-11-16.