Coordenadas: 35°48′35″N 76°34′25″L / 35.80972, -76.57361

O Broad Peak (en urdú: بروڈ پیک, e chinés: 布洛阿特峰),[1] é unha montaña de 8.047 m de altitude, o décimo segundo pico máis alto da Terra. Forma parte do macizo do Gasherbrum situado na cadea do Karakorum, un brazo da cordilleira do Himalaia. Está sito na fronteira entre a República Popular da China e Paquistán.

O Broad Peak.

Outros nomes editar

O nome usual en Occidente é unha versión inglesa da denominación autóctona Falchen Kangri, que fai referencia á anchura da súa cima. O Broad Peak foi tamén denominado como K3 (é dicir, terceiro pico do Karakorum) por T.G. Montgomery, en 1856, cando se efectuou un recoñecemento do Karakorum por vez primeira.

Ascensións editar

O 9 de xuño de 1957 realizouse a primeira escalada exitosa ao Broad Peak, por parte dunha expedición austríaca dirixida por Marcus Schmuck. Alcanzaron o cume Hermann Buhl, Kurt Diemberger, Fritz Wintersteller e máis o mesmo Marcus Schmuck.

En 1981 logrouse a primeira ascensión de españois a cargo dunha expedición catalá, chegando á cima Enric Pujol, que faleceu durante o descenso, e máis Manuel Hernández, utilizando a vía normal.

Notas editar

  1. "Broad Peak: 12th Highest Mountain in the World". About.com. Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2016. Consultado o 24 de xaneiro de 2015.