O British Council (en galego Consello Británico) é unha institución pública do Reino Unido, un instituto cultural cuxa misión é difundir o coñecemento da lingua inglesa e a Cultura do Reino Unido mediante a formación e outras actividades educativas. Ademais diso, esta institución pública cumpre unha función relevante para mellorar as relacións exteriores do Reino Unido. As súas sedes principais están localizadas en Manchester e Londres. Foi fundada en 1934 co nome de British Committee for Relations with Other Countries.

O British Council de Londres.

Este instituto é equivalente ao Instituto Camões portugués, ao Instituto Cervantes español, ao Goethe-Institut alemán, á Sociedade Dante Alighieri italiana, á Alliance Francaise, e ao Kǒngzǐ Xuéyuàn (Instituto Confucio) da China. Todos eles traballan para divulgar as súas respectivas culturas por todo o mundo.

Presidentes editar

No. Período Nome
1 1934–1937 Lord Tyrrell[1]
2 1937–1941 Lord Lloyd
3 1941–1945 Sir Malcolm Robertson
4 1946–1955 Sir Ronald Adam
5 1955–1959 Sir David Kelly
6 1959–1967 Lord Bridges
7 1968–1971 Lord Fulton
8 1971–1972 Sir Leslie Rowan
9 1972–1976 Lord Ballantrae
10 1977–1984 Sir Charles Troughton
11 1985–1992 Sir David Orr
12 1992–1998 Sir Martin Jacomb
13 1998–2004 Baroness Kennedy of The Shaws
14 2004–2009 Lord Kinnock[2]
15 2010–presente Sir Vernon Ellis[3]

Notas editar

  1. "Britishcouncil.org". Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2011. Consultado o 13 de outubro de 2012. 
  2. Britishcouncil.org
  3. "Britishcouncil.org". Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2011. Consultado o 13 de outubro de 2012. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar