A bricbarca[1][2] é, tradicionalmente, un veleiro de tres mastros.

A bricbarca portuguesa NRP Sagres.

Estrutura editar

O seu aparello está formado por velas cadradas nos dous primeiros paus, chamados trinquete e maior, ao estilo dos bergantíns ou das fragatas; é dicir, con velas dispostas nos paus colgando de vergas transversais respecto ao eixe lonxitudinal da nave (o que vai desde a proa até a popa). A súa característica distintiva é a de ter un terceiro mastro, o de mesana, con velas cangrexa e escandalosa.

As bricbarcas podían teren catro ou máis paus; isto é, no centro tiñan dous ou tres paus maiores, pero sempre só o último (o de mesana) era o de velas cangrexa e escandalosa.[3][4]

Diferenzas con outros veleiros editar

As bricbarcas diferéncianse das goletas e dos pailebotes en que estes teñen só un pau (o trinquete) con vela cadrada e os subsecuentes teñen velas cangrexas.

Historia editar

A bricbarca apareceu na segunda metade do século XVII, empregándose de forma usual até o século XIX. Caracterizábase pola gran superficie vélica que era capaz de despregar para os seus desprazamientos oceánicos. As bricbarcas das mariñas de guerra que ían artilladas con canóns denominábanse corvetas.

Hoxe en día nas armadas modernas, como calquera gran veleiro, as bricbarcas utilízanse principalmente como barcos escolas. A xeito de exemplo temos as catro bricbarcas irmás construídas polos Astilleros Celaya S. A. (Bilbao, España), para as armadas hispanoamericanas:

Notas editar

  1. Definición de bricbarca* no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  2. Dicionario galego de construción naval
  3. Rabe, Fritz A. "Breve historia de los aparejos". Histarmar. Consultado o 29 de xuño de 2016. 
  4. "Distintos aparejos en buques de vela". Histarmar. Consultado o 29 de xuño de 2016. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar