Brian Houghton Hodgson

Naturalista británico


Brian Houghton Hodgson, nado o 1 de febreiro de 1800 en Prestbury, Cheshire, e finado o 23 de maio de 1894 en Londres,[1] foi un naturalista e etnólogo que traballou na India Británica, onde foi funcionario público.

Infotaula de personaBrian Houghton Hodgson

Brian Houghton Hodgson
Biografía
Nacemento1 de febreiro de 1800
Prestbury, Cheshire
Morte23 de maio de 1894
Londres
Lugar de sepulturaAlderley (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Embaixador do Reino Unido (pt) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadebritánica
EducaciónHaileybury and Imperial Service College (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEtnoloxía e estudos orientais (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónnaturalista e etnólogo
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaHodgson Editar o valor em Wikidata
Arquivos en
Familia
CónxuxeSusan Hodgson (en) Traducir (1869–) Editar o valor em Wikidata
Premios
Membro da Royal Society

Traxectoria editar

Hodgson naceu en Prestbury, Cheshire. Á idade de dezasete anos viaxou á India como escritor da British East India Company.

Foi enviado a Katmandú no Nepal como Comisionado Asistente en 1819, converténdose en Residente (cargo equivalemnte a gobernador) británico en 1833.

Estudou aos nativos do Nepal, producindo un gran número de escritos sobre a súa lingua, literatura e relixión.

Moi interesado polas ciencias naturais, Hodgon estudou todos os aspectos da historia natural do Nepal, Sikkim e Bengala. Reuniu unha gran colección de aves e mamíferos disecados que finalmente doou ao British Museum.

Describiu novas especies de antílopes, dos que algúns foron chamados no seu honor, como o antílope tibetano Pantholops hodgsonii. Tamén descubriu 39 especies de mamíferos e 124 especies de aves que non foran descritas previamente, e 79 delas foron descritas por el, como, por exemplo, a perdiz tibetana (Perdix hodgsoniae).

Obras destacadas editar

  • Miscellaneous Essays relating to Indian Subjects. Trübner, Londres 1880
  • Essays on the languages, literature, and religion of Nepál and Tibet. Trübner, Londres 1874
  • Comparative vocabulary of the languages of the broken tribes of Népál. Calcuta 1859
  • Papers relative to the colonization, commerce, physical geography, &c. ... Calcuta 1857
  • Route of two Nepalese Embassies to Pekin with remarks on the water-shed and plateau of Tibet. Hodgson, Darjeeling 1856
  • Route from Kathmandu, the capital of Nepal, to Darjeeling in Sikim, interspersed with remarks on the people and country. Calcuta 1848
  • Essay the first. Thomas, Calcuta 1847
  • Preeminence of the vernaculars. Serampore 1847
  • Catalogue of Nipalese birds between 1824 and 1844. Calcuta 1844
  • Illustrations of the literature and religion of the Buddhists. Serampore, 1841

Abreviatura editar

A abreviatura Hodgson emprégase para recoñecer a Brian Houghton Hodgson como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas editar

  1. 28 de maio de 1894 de acordo con M. A. Smith, en Fauna of British India publicada en 1941.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar