Brazo (cefalópodo)

Nos cefalópodos, denomínase brazo, ou raxo,[1] aos membros pares de función, entre outras, locomotora, situados na cabeza. Todos os cefalópodos teñen polo menos oito brazos.

Porción dun raxo de polbo cocido.

Eran os Nautiloidea (dos que o náutilo, Nautilus pompilius) os que tiñan máis, pero os seus membros non estaban equipados con ventosas, a diferenza dos outros cefalópodos. As luras e as sepias teñen dez brazos, mentres que os octópodos (polbos e especies afíns), son os que teñen oito.

Nas clasificacións clásicas, baseadas nestes caracteres sinapomórficos, os dous subgrupos de octópodos difiren, entre outras cousas, pola presenza de pares de cilios ou pestanas en cada ventosa, os chamados cirri en latín científico. O Cirrina dispoñen deles, mentres que os Incirrina non os presentan.

Utilización dos termos brazo e tentáculo editar

 
A sepia ten 8 brazos e 2 tentáculos.

Para evitaren as confusións, certas fontes distinguen os brazos dos cefalópodos dos tentáculos.[2] Cando se fai esta distinción, os tentáculos refírense aos dous membros adicionais, máis longos que os outros membros, que teñen luras e sepias. Así, o termo tentáculo sería inapropiado para os polbos, que carecen destes dous órganos.

Nos brazos as ventosas dispóñense en toda a súa lonxitude, mentres que nos tentáculos están só ao final. Porén outras fontes non fan esta distinción.

O termo tentáculo deriva do verbo latín medieval tentare, que significa "tentar", "apalpar", "sentir", "tocar".

Notas editar

  1. raxo1 no dicionario da RAG,
  2. Como se fai en Tous les animaux du monde: Les invertébrés, t. 8, Librairie Larousse, 1974, ISBN 2-03-015180-7.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar