Brawn GP
Nome completo Brawn GP Formula One Team
Bandeira
Baseada en Brackley, Northamptonshire, Reino Unido
Tempadas en activo 1 (2009)
Número de pilotos Jenson Button
Rubens Barrichello
Debut Gran Premio de Australia de 2009
Carreiras 17
Campionatos de Construtores 1 (2009)
Campionatos de Pilotos 1 (2009)
Vitorias 8
Pole positions 5
Voltas Rápidas 4
Puntos totais
Derradeiro GP Gran Premio de Abu Dabi de 2009

Brawn GP Formula One Team, formalmente Brawn GP Limited, foi unha escudería británica de Fórmula 1 que gañou o Campionato Mundial de Construtores de Fórmula 1 en 2009.

Formouse o 6 de marzo de 2009, despois de que se confirmase que Ross Brawn, ata entón director técnico de Honda F1, comprara o equipo de F1 de Honda. Previamente, os enxeñeiros de Super Aguri incorporáronse a este equipo, por mor da retirada da marca xaponesa da Fórmula 1 en maio de 2008.

Brawn GP fixo o seu debut no Gran Premio de Australia de 2009 co inglés Jenson Button e o brasileiro Rubens Barrichello como pilotos. Naquela carreira os seus pilotos conseguiron as dúas primeiras posicións de clasificación e de carreira.

O equipo utilizou motores de Mercedes. A pesar das dificultades iniciais, o equipo conseguiu varios patrocinadores conforme avanzaba a tempada, incluíndo Virgin, MIG Investments, Henri Lloyd e PerkinElmer.

Ao finalizar a tempada, Brawn GP converteuse no primeiro equipo da historia desta categoría en conseguir o Campionato Mundial de Construtores e o Campionato Mundial de Pilotos no mesmo ano do seu debut. Jenson Button acabou primeiro da clasificación de pilotos e Rubens Barrichello, terceiro.

O 16 de novembro do 2009 a empresa alemá Mercedes-Benz, en colaboración con Aabar Investimentos, anunciou a compra do 75,1% do equipo Brawn GP, polo cal pasou a chamarse Mercedes GP, e convertendo a Brawn GP na escuadra con mellores estatísticas da historia da Fórmula 1.

Historia editar

Orixe editar

Brawn GP tivo a súa orixe na Tyrrell Racing Organisation, un equipo fundado para os deportes de motor por Ken Tyrrell en 1958 que participou con coches monoprazas en diferentes campionatos. Logo de entrar na Fórmula Un en 1968, o equipo Tyrrell gañou o Campionato de construtores e tres campionatos de pilotos durante a década de 1970 con Jackie Stewart. O equipo seguiu competindo na F1 ata 1998, cando a diminución de resultados levaron a Tyrrell vender o equipo a British American Tobacco. Se ben BAT comprou a participación na Fórmula Un, estableceron o equipo de British American Racing nunha nova fábrica en Brackley. BAR competiu durante seis anos, logrando a súa mellor posición no campionato en 2004 cando terminaron segundos. As crecentes restricións sobre a publicidade do tabaco permitiu a Honda, fornecedor de motores de BAR, tomar o control total do equipo ao final de 2005, o equipo pasaría a denominarse Honda Racing F1.

Brawn GP formouse o 6 de marzo de 2009, cando se confirmou que Ross Brawn, ex director técnico dos equipos Honda Racing F1 Team, Ferrari e Benetton, comprou o equipo Honda[1] como consecuencia da retirada da marca xaponesa do deporte en decembro de 2008. O 17 de marzo de 2009, a FIA aceptou oficialmente cambiar o nome de Honda Racing F1 Team a Brawn GP. Aínda que o equipo podía ser visto como unha continuación do equipo Honda, a FIA considerou que Brawn GP era un participante completamente novo, pero Keith Hayes, vicepresidente da FIA, estivo de acordo en renunciar á cota de entrada estándar no recoñecemento das circunstancias do equipo.[2]

Coa perda dos motores de Honda, Brawn dixo que varios fabricantes ofreceranse a fornecer motores ao equipo, pero foi Mercedes-Benz quen equipou o coche[3] con Jenson Button e Rubens Barrichello como pilotos. Tamén se rumoreou que o equipo contaría na tempada 2009 co apoio de Bruno Senna, que traería os seus patrocinadores persoais para o equipo.[4]

Aínda que pénsase que Honda foi o primeiro equipo en correr con KERS en 2008,[5] Brawn declarou nunha entrevista que debido ás circunstancias do cambio na propiedade do equipo non tivera tempo para desenvolver o sistema.[6] O 20 de marzo confirmouse que Brawn GP tería un posto no pitlane final, con Force India ascender un posto. Bernie Ecclestone suxeriu que isto era debido á toma de control que implicaba o cambio de nome, dicindo que "Si [...] se chamaba Honda. O que [Brawn GP] conseguiría se debeu a Honda."[7] Por esta razón a Brawn GP asignaronselle inicialmente os números 20 e 21 logo de que a Force India asignaranselle os antigos números de Honda 18 e 19. Con todo, isto foi cambiado a petición de Force India porque o seu material promocional xa fora impreso cos números 20 e 21. Brawn non puxo ningunha obxeción e reasignaronlle os números 22 e 23, os número 18 e 19 non foron asignados a ninguen.[8]

Resultados completos na Fórmula Un editar

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Chasis Motor Pneu. Pilotos 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 Puntos Pos.
AUS MAL CHN BHR ESP MON TUR GBR ALE HUN EUR BEL ITA SIN XPN BRA ABU
2009 BGP 001 Mercedes FO 108W 2.4 V8 B 22   Jenson Button 1 1 3 1 1 1 1 6 5 7 7 Ret 2 5 8 5 3 172
23   Rubens Barrichello 2 5 4 5 2 2 Ret 3 6 10 1 7 1 6 7 8 4

‡ foron outorgados a metade dos puntos ao completarse menos do 75% da distancia de carreira

Os monoprazas de Brawn GP
BGP001 - 2009


Notas editar

  1. "Honda team to return as Brawn GP". BBC Sport. 2009-03-06. Consultado o 2009-03-06. 
  2. "Honda officially becomes Brawn GP". autosport.com. 2009-03-17. 
  3. "Ross Brawn buys Honda Racing F1 Team". AUSmotive.com. 2009-03-06. 
  4. "Senna signs for Honda?". GrandPrix.com. Inside F1. 12 de febreiro de 2009. Consultado o 21 de marzo de 2014. 
  5. "Honda first to run KERS in car". autosport.com. 2008-05-11. 
  6. "Q & A with Ross Brawn". autosport.com. 2009-03-10. 
  7. "Brawn GP gets final pitlane slot". autosport.com. 2009-03-20. 
  8. "FIA revises final 2009 entry list". autosport.com. 2009-03-26. 

Véxase tamén editar


Ligazóns externas editar