Brandon Knight

baloncestista estadounidense

Brandon Emmanuel Knight, nado o 2 de decembro de 1991 en Fort Lauderdale, Florida, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional.

Brandon Knight
Axente libre
Posición Base
Información persoal
Nacemento 2 de decembro de 1991 (32 anos)
Florida Miami, Florida
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,91 m (6 ft 3 in)
Peso oficial 86 kg (189 lb)
Información da carreira
Instituto Pine Crest School (Fort Lauderdale, Florida)
Universidade Kentucky (2010–2011)
NBA Draft 2011 / Rolda: 1 / Elección: 8
Por Detroit Pistons
Carreira dende 2011
Historial de equipos
Detroit Pistons (2011–2013)
Milwaukee Bucks (2013–2015)
Phoenix Suns (2015–2018)
Houston Rockets (2018–2019)
Cleveland Cavaliers (2019–2020)
Detroit Pistons (2020)
Sioux Falls Skyforce (2021–2022)
Dallas Mavericks (2021–2022)
Piratas de Quebradillas (2023–2024)
Premios e galardóns
1º Equipo de Rookies NBA (2012)

Traxectoria editar

Knight foi elixido na 8ª posición do Draft da NBA de 2011 polos Detroit Pistons.[1] O 9 de decembro de 2011, asinou o seu contrato polos Pistons.

O 31 de xullo de 2013, Knight foi traspasado xunto a Khris Middleton e Viacheslav Kravtsov ós Milwaukee Bucks, a cambio de Brandon Jennings.[2]

O 19 de febreiro de 2015, foi traspasado xunto a Kendall Marshall ós Phoenix Suns, nun traspaso entre os Bucks, os Suns e os Philadelphia 76ers.[3] Dous días despois fixo o seu debut cos Suns, acadando 13 puntos e 5 asistencias na derrota contra os Chicago Bulls por 112-107.[4]

O 31 de agosto de 2018, Knight foi traspasado xunto a Marquese Chriss ós Houston Rockets a cambio de Ryan Anderson e De'Anthony Melton.[5]

O 7 de febreiro de 2019, Knight foi traspasado xunto a Marquese Chriss e dúas futuras eleccións do Draft ós Cleveland Cavaliers, nun traspaso entre tres equipos que tamén mandou a Iman Shumpert, Nik Stauskas, Wade Baldwin IV e unha elección da segunda rolda do Draft de 2021 ós Houston Rockets, e a Alec Burks e unha elección da segunda rolda do Draft de 2020 ós Sacramento Kings.[6]

O 6 de febreiro de 2020, Knight foi traspasado xunto a John Henson e unha elección da segunda rolda do Draft de 2023 ós Detroit Pistons, a cambio de Andre Drummond.[7]

Notas editar

  1. "Brandon Knight playing NBA draft". ESPN.com. 20 de abril de 2011. 
  2. "Bucks Acquire Knight, Middleton and Kravtsov from Pistons". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 31 de xullo de 2013. Consultado o 2 de agosto de 2013. 
  3. "Suns Acquire Brandon Knight in Three-Team Trade". NBA.com. 19 de febreiro de 2015. Consultado o 19 de febreiro de 2015. 
  4. "Gasol comes up big, Bulls beat revamped Suns 112-107". Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2015. Consultado o 27 de febreiro de 2015. 
  5. "Rockets Complete Four Player Trade with Suns". NBA.com. 31 de agosto de 2018. Consultado o 31 de agosto de 2018. 
  6. "Shumpert headed to Rockets in three-team deal". NBA.com. 7 de febreiro de 2019. Consultado o 7 de febreiro de 2019. 
  7. "Detroit Pistons Acquire Brandon Knight, John Henson And Future Second Round Pick". NBA.com. 6 de febreiro de 2020. Consultado o 6 de febreiro de 2020. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar