Brandomil, Zas

parroquia civil do concello de Zas

San Pedro de Brandomil[1] é unha parroquia do concello de Zas, na comarca da Terra de Soneira, provincia da Coruña. Segundo o IGE en 2018 tiña 225 habitantes (129 mulleres e 96 homes), o que representa unha diminución con respecto o ano 1999. Ten sete entidades de poboación.

Brandomil
ConcelloZas[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°00′36″N 8°55′36″O / 43.0099249, -8.9267745Coordenadas: 43°00′36″N 8°55′36″O / 43.0099249, -8.9267745
Poboación216 hab. (2019)
Entidades de poboación7[1]
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

A aldea de Brandomil serviu ó poeta galego Eduardo Pondal para pórlle nome ó heroe celta que protagonizaba varios dos seus textos[2].

Xeografía editar

Linda coas parroquias de San Tirso de Muíño e Santa María de Brandoñas no propio concello de Zas, e con San Cosme de Antes, San Mamede de Alborés, e Santo Tomé dos Vaos no concello de Mazaricos.

Etimoloxía editar

O termo Brandomil pola súa terminación aparenta formar parte do conxunto de topónimos de orixe xermánica (sueva), aínda que Moralejo Lasso, Martínez Lema, Cabeza Quiles, Lema Suárez e Evaristo Domínguez apuntan a un hidrónimo Grandimirum/Glandomiron céltico indoeuropeo prelatino.[3]

Festas editar

Nesta parroquia celébranse catro festas: santo Antonio o primeiro domingo de xuño, o patrón san Pedro o 29 de xuño, o Santísimo Sacramento o 30 de xuño e san Miguel o 29 de setembro.

Patrimonio editar

A ponte de Brandomil é do século XVI. As últimas teorías arqueolóxicas sitúan aquí o núcleo romano de Claudionerium [Cómpre referencia].

Lugares e parroquias editar

Lugares de Brandomil editar

Lugares da parroquia de Brandomil no concello de Zas (A Coruña)

Acalabanda | Brandomil | A Lagoa | Limideiro | Padreiro | Pudenza | Quintáns

Parroquias de Zas editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar