Bradypus variegatus

Bradypus variegatus é unha especie de mamífero placentario da orde dos pilosos, suborde dos folívoros e familia dos bradipódidos,[2] unha das catro que integran o seu único xénero, Bradypus.[3]

Bradypus variegatus
Preguiceiro común
Estado de conservación
Case ameazada (NT)
Case ameazada[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Infraclase: Placentalia
Superorde: Xenarthra
Orde: Pilosa
Suborde: Folivora
Familia: Bradypodidae
Xénero: Bradypus
Especie: B. variegatus
Nome binomial
Bradypus variegatus
Schinz, 1825
Distribución de Bradypus variegatus, en verde
Distribución de Bradypus variegatus, en verde

Distribución de Bradypus variegatus, en verde

É o preguiceiro de tres dedos máis estendido e máis común dentro do seu grupo, xa que se distribúe polo sur de México, Centroamérica e Suramérica (desde Venezuela ao sur do río Orinoco até as Güianas e o Brasil),[1] onde habita en moitos e diferentes tipos de ambientes, incluíndo bosques perennifolios, bosques secos e moitas áreas naturais incluso as altamente perturbadas.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Moraes-Barros, N.: Chiarello, A. & Plese, T. (2014): Bradypus variegatus na Lista vermella deespecies ameazadas da UICN. Versión 2015-4. Consultada o 20 de xaneiro de 2016.
  2. Bradypus variegatus en MSW.
  3. Bradypus en MSW.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • McKenna, Malcolm C. & Bell, Susan K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8.
  • Nowak, Ronald M. (1999): Walker's Mammals of the World. 6ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8.
  • Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference 3rd ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.
  • VV. AA. (1968): Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 6. Animales vertebrados. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, pp. 83–86.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.