Botellón ou botellada é un termo que describe o costume estendido en España desde finais do século XX, sobre todo entre os mozos, de reunirse en grupos relativamente numerosos e na vía pública para consumir alcohol principalmente.

Botellón, ou reunión con bebidas, nunha praia
Botellos baleiros de cervexas tras a noite de algueirada

Costumes editar

Esta actividade realízase, entre outros, en lugares públicos como parques ou zonas abertas da vía pública. Nalgunhas cidades, onde o botellón se centralizou nalgún punto en concreto, chéganse a reunir miles de persoas cada fin de semana.

Polémica editar

As principais críticas cara ao fenómeno do botellón proceden das autoridades e, principalmente, dos veciños. As queixas céntranse no ruído que se produce ata altas horas da madrugada e a sucidade xerada tras a festa. Así mesmo, rexistráronse actos de vandalismo, rotura de mobiliario urbano e pelexas.

O botellón en Galicia editar

Nas cidades galegas hai certas zonas preferidas para facer botellón. Estás zonas, ás veces coñecidas como botellódromos, son:

  • A Coruña: Xardíns de Méndez Núñez.
  • Ourense: A Alameda.
  • Pontedeume: Praza das Virtudes.
  • Pontevedra: Actualmente, e co consentimento da Corporación Municipal, o Recinto Feiral, debido á prohibición por parte do Concello da práctica do botellón no Campiño de Santa María e na Praza da Pedreira, localizacións onde ata o verán do ano 2008 se practicaba o dito fenómeno.
  • Santiago de Compostela: A Alameda.
  • Vigo: Praza da Estrela (lugar coñecido coma "O nadador").
  • Lugo: Parque Rosalía De Castro