Bosnia e Hercegovina no Festival de Eurovisión

Bosnia e Hercegovina realizou o seu debut como país soberano no Festival de Eurovisión 1993, e competiu cada ano dende entón, a excepción das edicións de 1998 e 2000 e debido á crise económica en 2013, 2014 e 2015.

Bosnia e Hercegovina

Estación membro BHRT
Final nacional BH Eurosong
Aparicións 18, antes como Iugoslavia
Primeira aparición 1993
Mellor resultado
Final 2006
Semifinal 1993
2006
Peor resultado
Final 22º 1996
Semifinal 21º 1996
Ligazóns externas
Páxina de Bosnia e Hercegovina en Eurovision.tv

Nun total de 6 veces, quedou dentro do TOP-10 na gran final e sempre clasificouse á final.

Anteriormente participou como membro da República Federal de Iugoslavia.

Momentos emotivos editar

Debido á Guerra de Bosnia, unha situación moi conflitiva do país en 1993, pensábase que Bosnia non sería capaz de emitir os seus votos polas dificultades de comunicación. Porén, cando tivo lugar a súa quenda púidose ouvir, con interferencias: "Hello Millstreet, this is Sarajevo calling" (Ola Millstreet, chamando dende Saraxevo), o cal xerou un aplauso memorábel por parte do público.

Así mesmo ao ano seguinte no festival de 1994 levouse a cabo a primeira conexión por satélite cos portavoces dos xurados, polo cal estes saían en pantalla. Cando se viu a portavoz bosníaca saudando "Bonsoir Dublin, ici Sarajevo" (Boas noites Dublín, aquí Saraxevo) o público e os presentadores do certame comezaron a aplaudir.

Participacións editar

Ano Sede Artista Título Final Pts Semifinal Pts
1993   Millstreet Fazla "Sva bol svijeta" 16 27 02 52
1994   Dublín Alma e Dejan "Ostani kraj mene" 15 39
1995   Dublín Davor Popović "Dvadeset prvi vijek" 19 14
1996   Oslo Amila Glamočak "Za našu ljubav" 22 13 21 29
1997   Dublín Alma Čardžić "Goodbye" 18 22
1998   Birmingham Non participou
1999   Xerusalén Dino Merlin e Beatrice Poulot "Putnici" 7 86
2000   Estocolmo Non participou
2001   Copenhaguen Nino Pršeš "Hano" 14 29
2002   Tallin Maja Tatić "Na jastuku za dvoje" 15 33
2003   Riga Mija Martina "Ne brini" 16 27
2004   Istambul Deen "In the Disco" 9 91 07 133
2005   Kíiv Feminnem "Call me" 14 79    
2006   Atenas Hari Mata Hari "Lejla" 3 229 02 267
2007   Helsinqui Marija Šestić "Rijeka bez imena" 11 106    
2008   Belgrado Laka "Pokušaj" 10 110 09 72
2009   Moscova Regina "Bistra voda" 9 106 03 125
2010   Oslo Vukašin Brajić "Thunder and lightning" 17 51 08 59
2011   Düsseldorf Dino Merlin "Love in Rewind" 6 125 05 109
2012   Bakú Maya Sar "Korake ti znam" 18 55 06 77
2013   Malmö Non participou
2014   Copenhaguen Non participou
2015   Viena Non participou
2016   Estocolmo Deen, Dalal Midhat e Ana Rucner ''Lujbav Je''     11 104