Borja é unha cidade e un concello español da comarca do Campo de Borja, localizado no oeste da provincia de Zaragoza, na comunidade autónoma de Aragón. Está localizada a uns 62 km da cidade de Zaragoza. O concello esténdese por unha área de 154 km², e tiña en 2008 unha poboación de 4.868 habitantes.

Modelo:Xeografía políticaBorja, Zaragoza
Imaxe

Localización
Mapa
 41°50′05″N 1°32′02″O / 41.8348, -1.5338Coordenadas: 41°50′05″N 1°32′02″O / 41.8348, -1.5338
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAragón
ProvinciaProvincia de Zaragoza Editar o valor em Wikidata
Capital de
CapitalBorja Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación5.076 (2023) Editar o valor em Wikidata (47,44 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie107 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude448 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataFrancisco Miguel Arilla Andia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal50550 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE50055 Editar o valor em Wikidata

Páxina webborja.es Editar o valor em Wikidata

Do seu patrimonio histórico destacan os edificios do Pazo do Concello, a Igrexa de Santa María, a de San Miguel e mais o convento da Concepción.

Historia editar

As orixes da cidade remóntanse ao século V a.C. cando era habitada polos celtiberos. O nome prerromano da localidade era Bursau, cuxos restos fican no actual castelo. Logo da conquista romana, no século I a.C. constituíuse como unha importante zona de poboamento, acadando o seu máximo esplendor coa chegada dos musulmáns.

No século XII foi reconquistada polo rei aragonés e no século XV transformouse nunha fortaleza militar contra as invasións castelás, o cal lle valeu o título cidade, outorgado por Afonso o Magnánimo en 1438. Durante o reinado dos Reis Católicos foi expulsada a importante comunidade xudía que vivía nesta cidade. Os séculos XV e XVI foron tempos de grande auxe económico para a localidade. En troques, os séculos XVII e XVIII foron períodos de recesión, enfermidades e secas. Durante o século XIX a cidade comezou a se recuperar economicamente mercé a liña férrea Borja-Cortes de Navarra.

Durante o século XX a actividade agraria, sobre a que se baseaba a economía de Borja, foi perdendo peso específico, mais Borja non deu adquirido relevancia industrial, o que derivou nun declive da cidade, de xeito que parte da súa poboación tivo que emigrar cara a centros industriais.

 
Praza do Mercado.

Nos últimos anos do século XX, Borja consolidou a súa economía tradicional a través da tecnificación da agricultura e da DO Campo de Borja para os seus viños. Estabeleceuse un polígono industrial, denominado "Barbablanca", que confire novas oportunidades. O sector servizos desenvolveuse e modernizouse tamén.

Ligazóns externas editar