Bonifacio I, papa

O Papa Bonifacio I foi elixido o 29 de decembro de 418 cando era un home xa vello e moi enfermo. Mentres tanto, un grupo de diáconos que estaban descontentos xa desde tempos do Papa Zósimo, elixiron a Olallo, quen se instalou no Palacio Laterano como antipapa. Eventualmente foi o emperador Honorio quen resolveu a cuestión a favor de Bonifacio, o papa lexítimo.

Bonifacio I
AlcumeSan Bonifacio
Nacementoc. 370
Lugar de nacementoRoma
Falecemento5 de setembro de 422
Lugar de falecementoRoma
Relixióncatolicismo
Ocupaciónsacerdote católico e escritor
Períodoentre o 29 de decembro do 418 e o 4 de setembro do 422
Coñecido porser o papa n° 42 da igrexa católica
OrganizaciónIgrexa católica
CargosBispo de Roma
editar datos en Wikidata ]

Bonifacio deulle o seu apoio a Santo Agostiño e os bispos africanos na súa campaña contra o pelaxianismo.

Bonifacio morreu o 4 de setembro de 422.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.