Bogdan Bogdanović

baloncestista serbio

Bogdan Bogdanović, nado o 18 de agosto de 1992 en Belgrado, é un xogador profesional de baloncesto serbio que xoga para os Atlanta Hawks da National Basketball Association (NBA). Cunha estatura de 1,98 metros xoga na posición de escolta.

Bogdan Bogdanović
Atlanta Hawks – No. 13
Posición Escolta / Ala
Liga NBA
Información persoal
Nacemento 18 de agosto de 1992 (31 anos)
Belgrado
Nacionalidade Serbia Serbia
Altura 1,98 m (6 ft 6 in)
Peso oficial 100 kg (220 lb)
Información da carreira
NBA Draft 2014 / Rolda: 1 / Elección: 27
Por Phoenix Suns
Carreira dende 2010
Historial de equipos
Partizan (2010–2014)
Fenerbahçe (2014–2017)
Sacramento Kings (2017–2020)
Atlanta Hawks (2020–presente)
Información en nba.com

Traxectoria profesional editar

O 26 de xuño de 2014, durante a súa etapa no Partizan, Bogdanović foi seleccionado na 27ª posición do Draft da NBA de 2014 polos Phoenix Suns.[1] O 23 de xuño de 2016, na noite do Draft de 2016, os Sacramento Kings adquiriron os seus dereitos xunto con Georgios Papagiannis, Skal Labissière e unha futura elección da segunda rolda do Draft a cambio de Marquese Chriss.[2]

O 13 de xullo de 2017, Bogdanović asinou cos Sacramento Kings.[3] Fixo o seu debut na NBA o 23 de outubro de 2017 contra o equipo que o elixiu no Draft, os Phoenix Suns. Bogdanović fixo 12 puntos, 3 rebotes e 2 asistencias en 25 minutos de xogo na derrota dos Kings por 117–115.[4]

O 24 de novembro de 2020, Bogdanović asinou cos Atlanta Hawks.[5]

Notas editar

  1. "Suns Pick Up Bogdan Bogdanovic With 27th Selection". NBA.com. 26 de xuño de 2014. Consultado o 27 de xuño de 2014. 
  2. "Kings Announce Draft-Night Trade". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 23 de xuño de 2016. Consultado o 3 de xullo de 2016. 
  3. "Kings Sign Bogdan Bogdanovic". NBA.com. 13 de xullo de 2017. Consultado o 13 de xullo de 2017. 
  4. "Bookers Suns top Kings 117-115 for 1st win". espn.com. 24 de outubro de 2017. Consultado o 24 de outubro de 2017. 
  5. "Atlanta Hawks Sign Restricted Free Agent Bogdan Bogdanovic". NBA.com. 24 de novembro de 2020. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar