Boecio

filósofo romano

Anicio Manlio Torcuato Severino Boecio (en latín, Anicius Manlius Severinus Boethius)[1] coñecido como Boecio, nado en Roma contra o 480 e finado en Pavia no 526, foi un senador romano, cónsul, magister officiorum, historiador, aínda que é coñecido, sobre todo, como filósofo de comezos da Idade Media.

Infotaula de personaBoecio

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(la) Anicius Manlius Torquatus Severinus Boethius
(la) Boetius Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(la) Anicius Manlius Severinus Boethius Editar o valor em Wikidata
c. 480 Editar o valor em Wikidata
Roma (Kingdom of Italy) Editar o valor em Wikidata
Morte524 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata (43/44 anos)
Pavia (Reino ostrogodo) Editar o valor em Wikidata
Causa da mortePena de morte Editar o valor em Wikidata (Decapitación Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaSan Pietro in Ciel d'Oro (pt) Traducir 45°11′29″N 9°09′18″L / 45.19128, 9.15494 Editar o valor em Wikidata
Cónsul romano
510 – 511
← Inportunus (en) TraducirFlavius Felix (en) Traducir →
Senador romano
505 – 510 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino ostrogodo Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfilósofo , político , matemático , teórico da música , escritor , musicólogo , tradutor Editar o valor em Wikidata
Período de tempoAntigüidade tardía Editar o valor em Wikidata
ProfesoresQuinto Aurelio Memio Símaco e Isidoro de Alexandria (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua latina Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa23 de outubro (Igrexa católica) Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeElpis (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosBoethius (en) Traducir, Symmachus (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiManlius Boethius (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Bitraga: 2077 Musicbrainz: febb8d96-761d-4c19-b0c3-cb53d8a2dd52 IMSLP: Category:Boëthius,_Anicius_Manlius_Severinus Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

 
Ilustración medieval de Boecio.

Boecio proviña dunha antiga familia romana, os Anicii.[2] A familia gozaba do rango senatorial, o máis alto rango entre os patricios romanos. A esta familia pertenceron dous emperadores (Petronio Máximo e Olibrio) e un Papa. Aínda que as filiacións non están absolutamente confirmadas, parece que o propio avó de Boecio, do mesmo nome, era senador e desempeñou o cargo de prefecto do pretorio de Italia. No exercicio do cargo foi asasinado a resultas da conxuración que depuxo ao xeneral Aecio.[3] Tamén o pai de Boecio, Manlio Boecio, foi senador e chegou a exercer o consulado.

O seu pai morreu sendo Boecio cativo. Foi acollido por Quinto Aurelio Memio Símaco, membro tamén da clase senatorial romana, quen financiou os seus estudos de retórica e filosofía, coñecementos que ampliou en Atenas. Casou con Rusticiana, filla de Símaco.[4]

No ano 520 foi nomeado magister officiorum, cargo equivalente ao que podería chamarse un primeiro ministro, do rei ostrogodo Teodorico. Nomeou cónsules os seus dous fillos, Flavio Símaco e Flavio Boecio. A acumulación de tanto poder despertou os celos do partido filogótico, polo que foi acusado de conspiración polo referendarius Cipriano, membro dese partido. Foi encarcerado, torturado e decapitado en Ager Calventenus, ao norte de Pavia, "inxustamente", segundo el mesmo, por intentar protexer o Senado.

 
Dialectica, 1547.

Obra editar

Co propósito de unificar ambas as escolas filosóficas, propúxose traducir ao latín as obras de Aristóteles e de Platón, mais non concluíu o seu proxecto: só se conservan a súa tradución das Categorías e do Peri hermeneias de Aristóteles e da Isagoge de Porfirio. Étienne Gilson afirma que Boecio foi, para o escolasticismo medieval, polas súas traducións, comentarios e escritos, a principal autoridade en Lóxica da Idade Media até que no século XIII foi traducido ao latín e comentado directamente o Organon completo de Aristóteles. Na súa obra principal realiza a distinción, que logo sería central para a Escolástica, entre id quod est (todo o ente) e quo est ou esse (aquilo que fai que o ente sexa).

 
Consolación da filosofía, tradución ao galego da obra de Boecio.

A súa obra máis famosa é porén Consolación da filosofía. Trátase dun diálogo entre o propio Boecio e Filosofía, personaxe alegórico feminino que aparece perante Boecio para aclararlle o problema do destino, de por que os malvados logran recompensa e os xustos non. Filosofía intenta suavizar a súa aflición demostrándolle que a verdadeira felicidade consiste no desprezo dos bens deste mundo e na posesión dun ben imperecedoiro, que coincide coa Providencia universal que goberna todas as cousas, concepto este que toma do Estoicismo. O tema relaciónase directamente coa caída en desgraza do propio Boecio, polo cal se cre que esta obra foi composta no cárcere durante o longo ano que pasou antes de ser executado.

Este traballo tivo unha grande importancia para a ulterior teoloxía do Cristianismo medieval, pese a que tanto a metodoloxía como a terminoloxía que utiliza Boecio son simplemente filosóficas e en ningún momento presenta a cuestión en termos de fe cristiá. Por iso se chegou a discutir, incluso, se Boecio era realmente cristián.

Tamén escribiu sobre aritmética (De arithmetica), música (De música), e de teoloxía (Opuscula theologiae, cinco libros).

Traducións ao galego editar

Consolación da filosofía foi traducida ao galego por Helena de Carlos, publicada por Editorial Galaxia en 2005 na colección Clásicos en Galego.[5]

Eponimia editar

  • Na súa memoria, denominouse Boethius a un cráter da Lúa.[6]
  • Tamén en Mercurio, outro cráter leva o seu nome de Boethius.[7]
  • Igualmente, o asteroirde 6617, denomínase Boethius, na súa honra.

Notas editar

  1. Marenbon 2003, p. 7
  2. Kaylor & Philips 2012, p. 1.
  3. Heather (2005), pp. 244–245
  4. Boecio (2005), p. 9
  5. "Consolación da filosofía". Cultura Galega. 2005. 
  6. "Boerhius". Gazetteer of Planetary Nomenclature (en inglés). 18 de outubro de 2010. Consultado o 7 de febreiro de 2023. 
  7. "Boethius". Gazetteer of Planetary Nomenclature (en inglés). 7 de outubro de 2016. Consultado o 7 d febreiro de 2023. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Boecio (2005). Consolación da filosofía. Colección: Clásico en galego, nº 5. (introdución de Helena de Carlos). Vigo: Galaxia. ISBN 978-84-8288-820-0. 
  • Heather, Peter (2005). The Fall of the Roman Empire: A New History Of Rome And The Barbarians (en inglés). Oxford: Oxford University Press. ISBN 978-0195159547. 
  • Kaylor, Noel; Philips, Philip (2012). A Companion to Boethius in the Middle Ages (en inglés). Leiden: Brill Publishers. ISBN 978-9004183544. 
  • Marenbon, John (2003). Boethius, Great Medieval Thinkers (en inglés). Nova York: Oxford University Press. ISBN 978-0195134070. OCLC 186379876. 

Outros artigos editar