Robert Murdoch, nado o 17 de xullo de 1944 e finado o 15 de maio de 2001 a causa dunha apoplexía, foi un futbolista escocés.

Bobby Murdoch
Información persoal
Nome Robert Murdoch
Nacemento 17 de xullo de 1944
Lugar de nacemento Rutherglen
Falecemento 15 de maio de 2001
Lugar de falecemento Glasgow
Posición Mediocentro
Información de club
Club actual Retirado
Na rede
UEFA: 37410 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Este escocés destacou no mediocampo daquel Celtic histórico gañador da Copa de Europa no 1967 sendo, deste xeito, un máis daqueles Lisbon Lions, que tanta sona tiveron na época. Chegou a Celtic Park sendo ben novo o 23 de outubro de 1959. Representou os de Glasgow en 484 encontros logrando unha suma total de 102 goles.

Despois de marchar de Celtic Park no 1973 seguiu a xogar ó fútbol no Middlesbrough F.C. ata a súa retirada en 1976. Nas tarefas de adestrador comezou levando ás categorías pequenas do propio Middlesbrough para chegar máis adiante a se-lo adestrador do primeiro equipo por só unha tempada, a de 1981-1982.

Na selección escocesa de fútbol xogou 12 partidos metendo 6 goles co que demostrou a súa grande cualidade de ser un centrocampista con cheiro de gol e tamén aquela coherencia no xogo que xa o fixera sonado no Celtic.