Bobadilla, Antequera

Coordenadas: 37°02′29″N 4°41′06″O / 37.04139, -4.68500 Bobadilla, tamén coñecida como Bobadilla Pueblo, é unha localidade española do municipio de Antequera, na provincia de Málaga, Andalucía. Encóntrase situada ao oeste do termo municipal, a pouca distancia da estación homónima, un dos nós ferroviarios máis importantes de Andalucía, tanto en pasaxeiros coma en mercadorías.

Foi municipio independente ata 1857, data na que foi anexionado a Antequera.[1] É un pequeno núcleo de casas brancas rodeadas por oliveiras. As súas festas celébranse no mes de agosto.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar