Coordenadas: 42°28′40″N 0°52′10″L / 42.477882, 0.869363

Boí Taüll
Situación Pireneo Catalán
País España
Información:
 - Cota mínima
 - Cota máxima
 - km. alpino
 - km. esquiáb.
 
2.038,7 metros
2.750,3 metros
45,300
46,034
Pistas de esquí:
 Verdes
 Azuis
 Vermellas
 Negras
 -  De fondo

10
7
26
10
Remontes:
 - Telesquís
 - Telecadeiras
 - Telecabinas
 - Cintas

6
7
0
3
Neve artificial:
 - Canóns
 - Superficie

205
20,2 km
Contacto:
 - Páxina web
 - Correo-e
 - Teléfono
 - Fax

Boitaullresort.com
boi@boitaullresort.es
902 406 640

Boí Taüll é unha estación de esquí do Pireneo Catalán, situada no municipio de La Vall de Boí, na provincia de Lleida.

Descrición editar

Coas cotas máis altas do Pireneo (2.750 metros cota máxima e 2.038 metros cota mínima) e unha privilexiada situación encarada ao norte, a estación garante unha neve de excelente calidade. Ademais, ofrece un completo dominio esquiable con 10 pistas verdes, 7 azuis, 26 vermellas e 10 negras, algunhas con desniveis de ata 750 metros e sen pistas horizontais. Boí Taüll cos seus 2020 metros de altitude de cota mínima, convértese na estación de esquí pirenaica con máis metros de altitude de cota mínima.

Servizos editar

Dispón de multitude de servizos,aparcadoiro con 1.500 prazas, restaurantes, cafetarías, dúas escolas de esquí, servizo de alugueiro de material de esquí e de snowboard de 500 m², reparación de material, heliporto, servizo médico, zona infantil,...

Tamén existe a freeXperience, unha zona dedicada exclusivamente ao snowpark.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar