Blumenau é unha cidade brasileira situada no Estado de Santa Catarina, localizada no medio val do río Itajaí-Açu, que é o principal río da rexión. Blumenau fai divisas coas cidades de Jaraguá do Sul, Pomerode, Indaial e Gaspar.

Modelo:Xeografía políticaBlumenau
Imaxe

Nomeado en referencia aHermann Blumenau (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 26°55′08″S 49°03′57″O / -26.9189, -49.0658Coordenadas: 26°55′08″S 49°03′57″O / -26.9189, -49.0658
EstadoBrasil
Unidades da federaciónSanta Catarina Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación361.261 (2022) Editar o valor em Wikidata (694,95 hab./km²)
Xeografía
Superficie519,837 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude21 m-29 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Cronoloxía
1850
8 de agosto de 1852 Editar o valor em Wikidata
Organización política
Órgano lexislativocâmara municipal de Blumenau (pt) Traducir Circunscrición: 0, (Escano: 15) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal89000-000 Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico047 Editar o valor em Wikidata
Código de concello do Brasil4202404 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webblumenau.sc.gov.br Editar o valor em Wikidata
Facebook: PrefeituraBNU Instagram: prefeiturabnu Editar o valor em Wikidata

Foi fundada en 1850 polo médico alemán Hermann Bruno Otto Blumenau, de aí a orixe de seu nome. O doutor Blumenau chegou á rexión nun barco veleiro acompañado doutros 17 colonos alemáns o 2 de setembro de 1850.

Vista da cidade de Blumenau.

Hoxe o municipio é famoso por manter os costumes xermánicos dos seus colonizadores. Tanto o turismo histórico como o ecoturismo son atractivos da cidade. A súa principal actividade económica continúa a ser a industria téxtil, responsábel por industrias de grande porte como a Cia. Hering, a Karsten, e a Teka. Non obstante, a cidade debe tornarse un pólo de informática, con algunhas empresas xa actuando nese ramo. Outro mercado en expansión é a produción de cervexas artesanais, como a marca Eisenbahn.

Oktoberfest editar

En outubro de 1984, case un ano despois da cidade ter sido devastada por unha inundación debido ao transbordamento do río Itajaí-Açu, o entón alcalde decidiu facer unha grande festa para apagar a tristeza e o desánimo que aínda estaban presentes na poboación. Grazas á forte presenza de descendentes dos colonos alemáns, decidiuse bautizar a festa de Oktoberfest, nome dunha festa que ocorre na cidade alemá de Múnic no mes de outubro.

A festa pasou a repetirse todos os anos no mes de outubro, tornándose unha tradición que atrae turistas para ver danzas folclóricas alemás e beber cervexa e asistir concursos como o da Raiña da Oktoberfest ou o campionato de bebida de chopp de metro (gaña ese último quen beber máis rápido unha cantidade de cervexa contida nun tubo de 1 metro de comprimento). Hoxe a festa de Blumenau é a segunda máis grande Oktoberfest do mundo, despois de Múnic.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar