Blizzard Entertainment

Blizzard Entertainment é unha empresa dedicada á creación de videoxogos radicada en Irvine (California). Tamén administra un servizo gratuíto de xogo a través de Internet chamado Battle.net.

Blizzard Entertainment
Logo
Tipodesenvolvedora de videoxogos e distribuidora de videoxogos
Data de fundación8 de febreiro de 1991
Fundador(es)Mike Morhaime
Director/aMike Ybarra, Jen Oneal e J. Allen Brack
Nº de empregados13.000 (2022) Editar o valor em Wikidata
Eventos/ActividadesBlizzard Entertainment 2012 data breach
Organización matrizActivision Blizzard
Organización subsidiariaVicarious Visions e Proletariat
PremiosBigBrotherAwards
SedeIrvine
PaísEstados Unidos de América
Na rede
https://www.blizzard.com/de-de/, https://www.blizzard.com/en-us/ e https://www.blizzard.com/en-gb/
IMDB: co0075607 Facebook: Blizzard Twitter: Blizzard_Ent Twitch: Blizzard Musicbrainz: bfddd1ef-2989-489c-800c-1f12248b6d4d Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Logo de Blizzard Entertainment.

Traxectoria editar

 
Sede de Blizzard Entertainment en California.

En 2004 a compañía nai Vivendi Universal Games, a distribuidora de Blizzard Entertainment, despediu a 348 empregados en Norte América. En decembro de 2007 Vivendi Universal fusionouse con Activision, outra empresa de videoxogos, de xeito que apareceu a nova compañía, Activision Blizzard[1][2]

Blizzard Entertainment tivo varios propietarios dende a súa creación. En 1991, baixo o nome de Silicon & Synapse, tiña como propietario e fundador a Allen Adham. Máis tarde, en 1994, Silicon & Synapse foi mercada pola distribuidora Davidson & Associates, que despois cambiou o nome da empresa a Blizzard Entertainment Inc. Máis tarde, en 1996, Davidson foi adquirida por CUC, que á súa vez se fusionou con HFS Corporation en 1997 para formar Cendant Software.

Por problemas de fraude, Blizzard foi vendida a Havas en 1998 e finalmente a Vivendi. Ante as pretensións de Vivendi de poñer á venda Blizzard, Erich Schaefer, Max Schaefer, David Brevik e Bill Roper, pesos pesados dentro de Blizzard, remitiron unha carta a Vivendi pedindo explicacións sobre o futuro da empresa, coa ameaza de abandonala. Ante o silencio de Vivendi finalmente deixaron a empresa en xullo de 2003.

En 2007 Vivendi adquiriu Activision e en 2008 creou a filial "Activision-Blizzard"

Bill Roper, actual responsable de Flagship Studios, era o vicepresidente de Blizzard, e o pai da saga Diablo. Ademais prestou a súa voz na narración da versión inglesa da saga Warcraft, realizando ademais a locución dos footman das tres versións existentes.

Actividade editar

Desde o lanzamento de Warcraft en 1994 os xogos que comercializaron tiveron un grande éxito debido ó seu acabado, ó seu soporte técnico, a súa adaptación a Mac e as súas innovacións conceptuais. De acordo coa súa política de calidade, Blizzard Entertainment cancelou unha das súas creacións: a aventura gráfica baseada no mundo de Warcraft, Warcraft Adventures: Lord of the Clans. Igualmente en 2006 foi detido o proxecto Starcraft: Ghost que levaba varios anos en desenvolvemento. Blizzard argumentou que estaba sendo desenvolvido para as consolas (PS2,Gamecube e Xbox), e ante a chegada da nova xeración de plataformas (PS3 e Xbox 360) o xogo quedara algo desfasado. Finalmente anunciaron que Ghost sería posposto para posteriores datas. Tamén en 2006 anunciouse o desenvolvemento da expansión de World of Warcraft, World of Warcraft: The Burning Crusade.

En 2007 Blizzard fixo público o desenvolvemento de StarCraft II. Ademais está traballando na nova expansión do WoW, World of Warcraft: Wrath of the Lich King.

O 28 de xuño de 2008, durante a Worldwide Invitational en París, Blizzard anunciou a terceira entrega da serie Diablo.[3]

Títulos editar

Notas editar

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 09 de febreiro de 2008. Consultado o 24 de abril de 2009. 
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2009. Consultado o 24 de abril de 2009. 
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 24 de xaneiro de 2009. Consultado o 24 de abril de 2009. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar