Bitcoin

criptomoeda

O bitcoin[1] (símbolo: ; abreviatura: BTC) é unha criptomoeda descentralizada creada por un autor anónimo de pseudónimo Satoshi Nakamoto.[2] Está subdividida en 10 millóns de unidades máis pequenas chamadas satoshis.[3]

Logo do cliente de referencia de bitcoin.

É a moeda alternativa máis empregada[4] cun mercado total de 100 millóns de USD. No canto de ser creados por unha entidade central, a rede peer-to-peer de bitcoin[5] regula a creación e intercambio de bitcoins segundo a programación da mesma rede. Hai nodos que se dedican a crear e a verificar bitcoins mediante operacións matemáticas que requiren gran capacidade de potencia de cálculo. Está establecido que non haberá máis de 21 millóns de bitcoins, cifra á que se calcula chegar no ano 2140.[6]

Historia editar

Dende a década de 1970, a utilización de sinaturas dixitais baseadas en criptografía asimétrica proporcionou un forte control de propiedade.[7] Sobre a base da criptografía asimétrica, en 1998 Wei Dai describiu a b-Money[8] como unha solución descentralizada ó problema dos pagamentos electrónicos. Posteriormente, Nick Szabo e Hal Finney estenden e complementan o traballo de Wei Dai.

En 2008, Satoshi Nakamoto publica un artigo na lista de criptografía de metzdowd.com no que describe o protocolo.[9]

O 3 de xaneiro de 2009, a rede Bitcoin entra en funcionamento coa publicación do primeiro cliente, de código aberto, e a creación dos primeiros bitcoins. Até a invención de Bitcoin, era obrigado que todos os pagamentos no comercio electrónico se canalizasen a través de entidades centralizadas de confianza,[10] polo xeral bancos e outras empreses financeiras, que xestionaban o seguimento de todas as transaccións.

Notas editar

  1. Rodríguez, Xusto (7 de febreiro de 2018). "O bitcoin e outros termos arredor del". GCiencia. Consultado o 7 de febreiro de 2018. 
  2. Bitcoin: A Peer-to-Peer Electronic Cash System
  3. Daily Tech, ed. (12 de xuño de 2011). "Cracking the Bitcoin: Digging Into a $131M USD Virtual Currency" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de xaneiro de 2013. Consultado o 30 de setembro de 2012. 
  4. Quantitative Analysis of the Full Bitcoin Transaction Graph
  5. Crypto Economy, CE (20 de agosto de 2018). "what is bitcoin?". News. Consultado o 8 de outubro de 2019. 
  6. "Bitcoin miners busted? Police confuse bitcoin power usage for pot farm". Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2014. Consultado o 29 de setembro de 2017. 
  7. Nakamoto, Satoshi (24 de maio de 2009). Bitcoin: A Peer-to-Peer Electronic Cash System (PDF) (en inglés). Consultado o 18 de agosto de 2012. 
  8. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 25 de agosto de 2012. Consultado o 29 de setembro de 2017. 
  9. Artigo de Satoshi Nakamoto na lista de correo de criptografía
  10. Reuters.com (ed.). "FactBox - What is Bitcoin - currency or con?". Arquivado dende o orixinal o 05 de maio de 2012. Consultado o 23 de xuño de 2012. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar


 
 Este artigo sobre informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.